Alberto Conde, nado en Caracas en 1960,[1] é un pianista galego. Reside en Ourense.

Alberto Conde
Nacemento1960
Lugar de nacementoCaracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico de jazz e pianista
Na rede
Youtube: UC4w0hSKDsvANkZSrCmkpaWw Musicbrainz: 1f31182f-1a8c-4d12-b782-72562664cbaf Songkick: 483654 Discogs: 3665671 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou estudando guitarra clásica, graduándose no CPM de Ourense, antes de se pasar ao piano a ao jazz.

O seu primeiro contacto co jazz tivo lugar nos seminarios de Jazz de Banyoles (Xirona) durante 1980-81, onde entra en contacto con mestres norteamericanos de gran recoñecemento e prestixio internacional como Thad Jones, Chuck Israels, Hal Crook, Steve Brown, Jim McNeely, Ben Riley, Bill Dobbins e Sal Nistico. A seguir, marchou a Caliifornia e estudou na San Diego School of Perfoming Music (California) co trombonista norteamericano Hal Crook.

Ao volver, en 1983, funda Baio Ensemble, a primeira escola privada de jazz de Galicia, onde participan múltiples músicos como Cuchús Pimentel ou Paco Charlín, e con ese grupo editou dous discos: Paisajes (1985) e Diálogos (1990).

Posteriormente, creou Alberto Conde Trio.

O seu estilo mestura o jazz coa música tradicional galega e coa música clásica.[1]

É catedrático de jazz no CSM da Coruña.

Discografía editar

Con Alberto Conde Trío editar

  • A lagoa dos Atlantes (Punteiro, 1997)
  • Celtrópolis (Punteiro, 1999)

Con Alberto Conde Grupo editar

  • Entremares (Karonte, KAR 7777) con Baldo Martínez e Nirankar Khalsa. Gravado en 2002.
  • Andaina (Karonte, KAR 7794) con Baldo Martínez e Nirankar Khalsa. Gravado en 2006.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sotelino, B. R. (12 de outubro de 2008). "«En los años 80 los que hacíamos jazz éramos cuatro gatos»". avozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar