Alberto Alcocer y Ribacoba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Alberto de Alcocer y Ribacoba, nado en Orduña, Biscaia, o 8 de abril de 1886, e finado en Madrid o 30 de maio de 1957, foi un avogado e político español, ademais do primeiro alcalde franquista de Madrid.
Alberto Alcocer y Ribacoba | |
---|---|
Nome completo | Alberto Alcocer y Ribacoba |
Nacemento | 8 de abril de 1886 e 8 de abril de 1866 |
Lugar de nacemento | Orduña-Urduña |
Falecemento | 30 de maio de 1957 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Real Centro Universitario Escorial-Maria Christina |
Ocupación | político e avogado |
Pai | Celestino de Alcocer y Valderrama |
Premios | Gold Medal of Madrid, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Biografía editar
Nado en Orduña (Biscaia), foi alcalde de Madrid en dúas ocasións: de 1923 a 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera e de 1939 a 1946, durante a ditadura de Francisco Franco. Doutor en Dereito, foi distinguido coa Medalla de Ouro de Madrid en 1946. En 1949, foi nomeado Secretario Xeral do Banco de España. Faleceu en Madrid o 30 de maio de 1957.