Albert Marth

astrónomo alemán

Albert Marth, nado en Kolobrzeg o 5 de maio de 1828 e finado en Heidelberg o 5 de agosto de 1897, foi un astrónomo alemán que traballou en Inglaterra e en Irlanda.

Albert Marth
Nacemento5 de maio de 1828
Lugar de nacementoKołobrzeg
Falecemento6 de agosto de 1897
Lugar de falecementoHeidelberg
Causacancro
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónastrónomo e físico
Coñecido pordescobridor de asteroides
PremiosPrêmio Lalande e Medalla de ouro da Royal Astronomical Society
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inmigrou para Inglaterra no 1853 coa finalidade de traballar con George Bishop, un adiñeirado comerciante de viños, e un grande afeccionado á astronomía tamén. Pouco despois, no 1855 , Albert Marth aceptaría un posto no Durham Observatory, sucedendo a Georg Rümker como asistente de Tempel Chevallier; unha ocupación laboral moi pouco común naqueles tempos.

Despois de traballar como asistente uns anos co prestixioso astrónomo inglés William Lassell, en 1862 aceptou un posto que este lle ofreceu en Malta, onde estivo até o 1865. No 1868 entrou como observador no Newall Observatory, localizado este preto de Newcastle, en Gatesheadn. Finalmente acabou como director do Cooper Observatory en Markree Castle, Irlanda.

Marth pasou os derradeiros anos da súa vida en Heidelberg, na Alemaña, onde morrería de cancro.

O 1 de marzo de 1853 descubriu o asteroide (29) Amphirite e cando moraba en Malta, entre 1963 e 1865 descubriu 600 nebulosas. Realizou densas efemérides dos corpos do Sistema Solar, e completos estudos sobre o tránsito dos planetas, predecindo moitos destes tránsitos.

Un cráter na Lúa e outro en Marte levan hoxe en día o seu nome.

Obra editar

Artigos editar

  • Discovery of a New Planet, Amphitrite (1854), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 14, p. 151.
  • Epphemeris of the Smaller Satellites of Saturn (1865), Astronomical Register, Vol. 3, pp. 122–123.
  • Ephemerides of the satellites of Saturn, 1888-89 (1888), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 48, p. 398.
  • Ephemeris of the Satellites of Uranus, 1891 (1891), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 51, p. 179.
  • Ephemeris of the satellite of Neptune 1889-90 (1890).
  • Ephemeris for physical observations of Mars, 1896-97 (1896), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 56, p. 516