Albert Lopo

futbolista español

Albert Lopo García, nado en Barcelona o 5 de maio de 1980, é un futbolista español. Xoga de central e o seu equipo actual é o Inter Club d'Escaldes, da Primera Divisió de Andorra.

Albert Lopo
Información persoal
Nome Albert Lopo García
Nacemento 5 de maio de 1980 (43 anos)
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,86 m.
Posición Central
Información de club
Club actual Inter d'Escaldes
Número 17
Carreira xuvenil
1990–1998 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–2001 Espanyol B 44 (1)
1999–2006 Espanyol 178 (9)
2006–2011 Deportivo da Coruña 151 (7)
2011–2014 Getafe 40 (1)
2014–2016 Deportivo da Coruña 56 (4)
2016 Gimnàstic 5 (0)
2018– Inter d'Escaldes 4 (0)
Selección nacional
1998 España sub-17 4 (0)
1998–1999 España sub-18 7 (0)
2001 España sub-21 4 (0)
Na rede
IMDB: nm4257748 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de marzo de 2018
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Espanyol editar

Albert Lopo pasou a maior parte da súa carreira profesional no RCD Espanyol, onde comezou a xogar cando tiña dez anos. En pouco tempo, os adestradores apeciaron as súas habilidades defensivas e, en abril de 1999 (aos dezaoito anos), debutou na Liga contra o Real Zaragoza, converténdose no primeiro xogador que xogou en todas as categorías do club catalán. A súa mellor tempada foi a 2001/02, perdéndose só cinco encontros de liga e anotando o seu primeiro tanto, pero tamén recibiu o seu primeiro cartón vermello durante un partido contra o FC Barcelona. Na 2002/03, mostráronlle 14 cartóns amarelos en vinte e tres partidos incluíndo dous nun partido ante o Racing de Santander. A tempada seguinte, mostráronlle 15 cartóns amarelos e un cartón vermello. Entre 2004 e 2006 recibiu outras 21 cartóns amarelos e dúas vermellas.

Estivo ás ordes de varios adestradores espanyolistas: Juande Ramos, Javier Clemente, Luis Fernández e Miguel Ángel Lotina, ata a súa saída en maio de 2006.

Deportivo da Coruña editar

Lopo rexeitou a oferta de renovación do RCD Espanyol e asinou polo Deportivo da Coruña. O Espanyol denunciou ao Deportivo para conseguir a compensación financeira (unha cantidade de 5,6 millóns de euros foi mencionada) por adestrar ao xogador nas súas categorías xuvenís. A reclamación do RCD Espanyol estaba baseada nun acordo entre a maioría dos clubs españois, pero o Deportivo non formaba parte deste acordo porque o Depor nunca o asinou. O caso está solucionado e o Depor gañoulle o xuízo ao Espanyol. Lopo foi considerado como un dos mellores centrais españois cando asinou gratis polo Deportivo en maio de 2006. Outros clubs mostraron interese polo xogador: o Valencia CF, o Villarreal CF, o Manchester United e o Newcastle United, pero o defensa decidiu seguir os pasos dos seus antigos compañeiros de equipo Joan Capdevila e Sergio González.

Na súa primeira tempada no Deportivo (2006/07), Lopo xogou a maior parte dos partidos (31) e mostráronlle once cartóns amarelos. Na primeira parte da tempada formou parella defensiva con Álvaro Arbeloa. Despois Arbeloa foi vendido ao Liverpool F.C., e foi Jorge Andrade (recuperado dunha lesión importante) quen acompañou a Lopo na defensa. Aquela defensa, con Joan Capdevila e Fabricio Coloccini nos lados e Dudu Aouate como porteiro, mantivo 16 veces a portería deportivista imbatida.

Durante o verán de 2007, o status de Lopo no club aumentou significativamente, ao abandonar o equipo os centrais Juanma Delgado e Jorge Andrade, o primeiro cunha transferencia gratuíta ao CD Tenerife, e o portugués vendido á Juventus por uns 8 millóns de euros. Lopo, ademais, confirmou que o Deportivo rexeitou unha oferta de 5 millóns de Real Zaragoza por el. Con todo, pasouse os primeiros cinco meses da tempada no dique seco, debido a unha lesión.

En 2008, gañou a Copa Intertoto.

Getafe editar

Lopo continuou sendo titular indiscutible no Dépor as dúas seguintes tempadas, co descenso a Segunda División na tempada 2010–11. A finais de xuño, o xogador de 31 anos firmou un contrato co Getafe CF por tres anos.[1]

Lopo xogou con regularidade durante a primeira parte da tempada 2011–12. Porén, logo de fracturar o úmero perdeuse o que restaba de campionato, nun partido contra o seu ex equipo, o RCD Espanyol.[2]

Deportivo editar

O 20 de xuño de 2015 anunciouse a súa renovación por un ano máis, con opción a dous segundo obxectivos.[3]

Selección nacional editar

No plano internacional, Lopo foi convocado en novembro de 2006 polo seleccionador nacional Luis Aragonés para un amigable contra Romanía. Lopo di respecto diso: "Cada xogador ten que esforzarse coa súa selección e ser parte do equipo nacional é unha recompensa. Este é probablemente o máis importante día da miña carreira, é un soño feito realidade". Aínda así, non puido debutar como internacional, xa que non xogou nese partido e non volveu ser convocado.

Palmarés editar

Espanyol
Deportivo

Notas editar

  1. "El Getafe ficha al deportivista Lopo"
  2. ""Lopo operado satisfactoriamente de una fractura de húmero"". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 29 de maio de 2012. 
  3. "Alberto Lopo amplía su vinculación con el RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 20 de xuño de 2015.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar