Alba Messa

actriz, xornalista, cantante e compositora galega

Alba Messa, nada en Lugo20 de outubro de 1986, é unha actriz, xornalista, cantante e realizadora galega.

Infotaula de personaAlba Messa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata

Páxina webalbamessa.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2884175 Facebook: albamessaoficial Twitter: AlbaMessa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1998, pisou por primeira vez os escenarios de TVG, no concurso infantil "Téquele, Téquele", proclamándose gañadora. A este concurso seguiríanlle moitos outros como o "Veo Veo" (TVE), "Miúdas Estrelas" (Antena 3), "Éxito" (TVG) etc. Mentres se convertía nunha adolescente continuou formándose, pasando á Escola de Músicos (A Coruña) onde estudou canto moderno con Carmen Rey. Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Compaxinou a súa carreira coas actuacións musicais, o telefilme de LugoPress "Herexes: o libro máxico", traballos como presentadora e, no último ano a serie da TVG "Os Atlánticos", pola que cambiou o seu lugar de residencia á Coruña.

En televisión participou en “Ciega a Citas” (Cuatro) e na terceira tempada de Isabel (TVE).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar