Alanina aminotransferase

enzima da especia Homo sapiens

A alanina aminotransferase (ALAT), tamén chamada alanina transaminase (ALT) ou transaminase glutámico pirúvica (GPT) é unha enzima que pertence ó grupo das transaminases ou aminotransferases (EC 2.6.1.2). Esta enzima atópase principalmente nas células do fígado. O nivel en sangue da alanina aminotransferase é un parámetro moi útil en medicina, pois a elevación das cifras normais pode sinalar lesión hepática por destrución de hepatocitos (citólise). Ten unha vida media en sangue de 18 horas.[1][2]

Alanina transaminase
Identificadores
Número EC 2.6.1.2
Número CAS 9000-86-6
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO

Función editar

Cataliza a transferencia dun grupo amino (NH2) da alanina ó ácido α-cetoglutárico dando lugar a piruvato e glutamato. A reacción é reversible.

 
L-alanina + α-cetoglutaratopiruvato + L-glutamato

Notas editar

  1. Protocolos diagnóstico-terapéuticos de Gastroenterología, Hepatología y Nutrición Pediátrica SEGHNP-AEP. Transaminasas: Valoración y significación clínica. Arquivado 13 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Autores: Manuel García Martín, Amado Zurita Molina. Consultado el 31 de xaneiro de 2018.
  2. "Hipertransaminasemia". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2018.