Alan Cochevelou, máis coñecido co nome artístico de Alan Stivell, nado en Riom o 6 de xaneiro de 1944, é un cantautor e músico bretón, cidadán francés, que utiliza para os seus traballos diversas linguas célticas ás que se engaden o francés, o inglés e outras varias linguas. Tamén cantou unha peza en galego grazas a unha colaboración feita co compositor Carlos Núñez.

Infotaula de personaAlan Stivell

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(br) Alan Cochevelou Editar o valor em Wikidata
6 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Riom, Francia Editar o valor em Wikidata
Presidente de honra Consello Cultural da Bretaña
2009 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBetton
Rennes Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Voltaire
Universidade de Rennes 2 Alta Bretaña
Universidade Sorbonne-Nouvelle
École pratique des hautes études Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e culture of Brittany (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra (1961–), cantautor , compositor , compositor de cancións , arranxador , produtor musical , músico , activista , multiinstrumentista , arpista , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica da Bretaña, Música celta, fusión celta, crossover, new age, Rock celta, folk rock, música electroacústica e rock bretón Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDenise Mégevand Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua bretoa, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoArpa céltica, Gaita das Highlands, bombarda, sintetizador, voz, Instrumento de percusión, instrumento musical electrónico, frauta irlandesa, low whistle, Tin whistle e arpa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoCoop Breizh
Mouez Breiz (1959–1966)
Philips (1967–1978)
Fontana (1968–1974)
Keltia 3 (1974–)
Sony Music (1979–1980)
Disc'AZ (1981–1984)
Warner Music Group (1985–1986)
Disques Dreyfus (1987–2004)
Harmonia Mundi (2005–2017)
Universal Music France (2012–2013)
World Village (2015–)
PIAS Recordings (2018–) Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalDan Ar Braz
Pat O'May
Irmáns Guichen
Kate Bush
Angelo Branduardi
Nolwenn Leroy
Alan Simon
Laurent Voulzy
Carlos Núñez
Joan Baez
Graeme Allwright
Frank Darcel
Gabriel Yacoub
Michel Santangeli
René Werneer
Idir
Robert Le Gall
Xavier Géronimi
Padrig Sicard
Marcel Aubé
Andrea Ar Gouilh Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaisGeorges Cochevelou Editar o valor em Wikidata  e Fanny Julienne Dobroushkess Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
28 de febreiro de 1972À l'Olympia (Olympia) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webalanstivell.bzh Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0830635 Allocine: 36144
Facebook: AlanStivell.Official Twitter: stivellalan Instagram: alanstivell Youtube: UCH50GcMGKl2ieakxXd2sQcw Souncloud: alan-stivell Spotify: 5qEhKFhIXtSGi9Gw449LKX iTunes: 3167281 Last fm: Alan+Stivell Musicbrainz: abc61045-7ae3-48d9-91f2-d44689d53c9a Songkick: 495492 Discogs: 319681 Allmusic: mn0000932980 WikiTree: Cochevelou-3 Deezer: 5189 Genius: Alan-stivell Editar o valor em Wikidata

É o inspirador do renacemento da arpa celta así como da música bretoa moderna e mesmo celta en xeral.

Biografía editar

Inicios: a arpa celta editar

Pasou a primeira parte da súa vida en París. Inicia estudos de piano aos cinco anos de idade e a súa vocación procede dun soño do seu pai, Georges Cochevelou: a fabricación dunha arpa celta, a «Telenn Gentañ» (telenn significa «arpa» en bretón). A arpa celta é un instrumento esquecido desde a Idade Media, cando o ducado da Bretaña perde a súa independencia e queda incorporado ao reino de Francia. O prototipo recreado polo seu pai incítalle a asistir a clases de arpa, para o que se beneficia dos ensinos da soada Denise Mégevand (1917-2004). Os arranxos de temas tradicionais celtas, escritos pola súa profesora e polo seu pai, determinarán en Alan Stivell unha paixón por Celtia e pola Bretaña que non diminuíu xamais.

En 1953, toca a súa arpa na Casa da Bretaña en París e inicia a súa aprendizaxe do idioma bretón, interesándose igualmente no idioma galés, no gaélica escocesa e na mitoloxía celta. Actúa igualmente na UNESCO e na Catedral de Vannes. Durante o ano seguinte, dá os seus primeiros pasos no bagad Bleimor e aprende o uso doutros dous instrumentos, a gaita e a bombarda. En 1955, á vez que os seus concertos vanse facendo máis regulares, actúa como abreconcertos de Line Renaud no Teatro Olympia de París. En 1959, grava o seu primeiro disco de 45 rpm (Musique Gaélique). Convértese en Penn-Soner (primeiro gaiteiro) do bagad Bleimor a principios dos anos 60, e é campión da Bretaña como gaiteiro a dúo e nun bagad.

En 1963 grava o seu primeiro disco a 33 rpm, un disco instrumental en solitario chamado Telenn geltiek - Harpe celtique. En 1966, recupera a súa actividade nos escenarios (a destacar a súa actuación no Centro Americano de París), pero esta vez xa como cantante; a súa nacente notoriedade sérvelle para empezar a ser invitado a acudir ás emisoras radiofónicas.

En 1967 firma un contrato en exclusiva con Philips-Fontana (Universal Music Group). Ese mesmo ano, grava o apartado «arpa» no disco de Graeme Allwright Joue, joue, joue. Fai xa moitas xiras, especialmente en solitario, pero tamén en compañía doutros habituais do Centro Americano de París. Nesta época toma o nome artístico de Alan Stivell. Ao seguinte ano, en 1968, grava dous discos sinxelos; fai concertos e actuacións (entre outras, unha na Universidade da Sorbona, en folga, durante o Maio francés), e actúa como abreconcertos dos The Moody Blues no Queen Elisabeth Hall de Londres. En 1970, grava o álbum Reflets, tras un sinxelo Brocéliande - Son ar chistr, que supón o pistoletazo de saída dun fenómeno que vai revolucionar a Bretaña e a atraer multitudes por toda Francia, antes de expandirse por Europa, América e o resto do mundo.

Anos 70 editar

No ano 1972 aparece un álbum emblemático: Renaissance de la harpe celtique, que consegue o premio da Academia Charles-Cros e o converterá nun disco de culto ao redor do mundo (o traballo terá especial éxito nos Estados Unidos). O 28 de febreiro do mesmo ano Alan Stivell deu un concerto no Olympia de París acompañado polo guitarrista Dan Ar Braz. O éxito deste concerto viuse amplificado por unha retransmisión radiofónica feita do mesmo e un disco do cal se venderon 1 500 000 exemplares. Stivell ocupa a portada das revistas musicais, a súa música bretoa eléctrica (o coñecido como pop celta) pasa a estar de moda. Despois de conseguir a estima na súa casa, a Bretaña, acadou o recoñecemento internacional. O seu éxito suscitou entón a aparición de seguidores que dotaron dun novo dinamismo á música tradicional e favoreceu a emerxencia de novos músicos e cantautores.

En 1973 Alan Stivell conseguiu confirmar o éxito do ano anterior: despois dunha actuación durante tres semanas na sala Bobino de París apareceu un novo disco, Chemins de Terre, moi celebrado pola crítica (a revista británica Melody Maker o nomeou disco do ano). O éxito comercial converteuno rapidamente en disco de ouro. Os seus concertos seguiron producíndose en Francia (Bobino, xira por toda Francia) e no estranxeiro (o Canadá e o Reino Unido). Despois da aparición, o ano seguinte, do disco E Langonned e unha xira por América do Norte, grava en 1975 E Dulenn, un álbum en directo gravado no National Stadium de Dublín. A composición Délivrance é abertamente militante, e supón a reivindicación de todas as culturas célticas e a afirmación de que o celta é un pobo que se atopa nunha encrucillada. O Pazo dos Deportes de París, cheo até o límite, recíbeo durante dez días con grande éxito de público.

No ano 1976 grava Trema'n Inis, unha homenaxe ao seu pai como reinventor da arpa céltica, que finara facía pouco. Nos seguintes anos sucederanse os traballos Raok Dilestra - Avant d'Accoster e Un Dewezh 'Barzh 'Gêr. Un ano despois Alan fai unha xira triunfal por Australia, facendo que os pazos do deporte que o acollen rematen sempre cheos. No 1979 grava o disco en directo Tro Ar Bed.

No mesmo ano publica tamén a Symphonie celtique - Tir na nOg (na mitoloxía celta irlandesa, Tir na nOg é a "Terra dos mozos", unha dos nomes empregados para falar do outro mundo, o Sidh). Esta obra marca o punto de partida dunha corrente ben asentada hoxe en día, o cross-over, que mestura a música céltica coa música sinfónica, rock, pop, o jazz-rock e todas as influencias recollidas de diferentes tribos e culturas. Alan Stivell fixo traducir as súas letras ás linguas tibetana, algonquina, sánscrito, bérber, irlandesa etc. No Festival Intercéltico de An Oriant de 1980, diante de 10.000 espectadores, representou as súas pezas nestas linguas xa que, para el, esta Sinfonía Celta é unha sinfonía universal.

Anos 80 editar

A presenza de Alan Stivell reduciuse nesta década aos escenarios franceses. Malia isto, realizou varias xiras polo estranxeiro (Alemaña, os Estados Unidos ou Italia). Neste último país, coma en Australia, os seus concertos acadaron un grande éxito de público: 14.000 espectadores en Milán ou 12 000 en Roma.

Neste época soamente produce tres discos. No ano 1981 grava Terre des Vivants, un álbum con reminiscencias do rock. Légende aparece dous anos despois, no 1983, supoñendo unha evolución cara a música electrónica e ambiental. Este último traballo foi todo un éxito nos Estados Unidos.

En 1985 Stivell dálle os últimos retoques a un novo instrumento musical: a arpa eléctrica. O debut do instrumento produciuse no CD Harpes du Nouvel Âge, do mesmo ano.

Anos 90 editar

 
Alan Stivell nun concerto en An Oriant (1998).

No ano 1991 Stivell compón dezaseis títulos, que falan das lendas do ciclo artúrico e outros pasaxes da mitoloxía, recollidos no disco The Mist of Avalon. Nestas composicións aparecen personaxes tales coma Arturo, Xinebra, Taliesin, Morgana etc. Neste momento Alan Stivell consegue que o público comece a interesarse pola música celta en si mesma.

No 1993, antes que editar un simple traballo de recompilación das súas cancións máis coñecidas, preferiu convidar a outros artistas de grande fama mundial para versionar algúns dos seus títulos no disco Again. Entre eles destaca o seu antigo compañeiro Dan Ar Braz, aínda que tamén atopamos múltiples nomes dos diferentes horizontes musicais: Kate Bush, Shane MacGowan, Laurent Voulzy, Gillan O'Donovan, Yann-Fañch Kemener, Gilles Servat, James Word, Doudou N'diaye Rose, Robert le Gall e Davy Spillane, entre outros. Esta reunión contribuíu enormemente á grande difusión deste traballo, do que se chegaron a vender 300.000 exemplares. O traballo publicitario da súa editorial Keltia III (distribuída entón por Disques Dreyfus), incluíndo a emisión dun spot publicitario na cadea de televisión TF1, contribuíu ao relanzamento da música celta no gran público bretón e mesmo francés. Neste mesmo ano, Dan Ar Braz e Jacques Bernard federaron a varios artistas ao redor do proxecto Héritage des Celtes, o ambicioso proxecto cuxo obxectivo é a presentación da música celta e a súa riqueza en toda a súa diversidade. Con ocasión do Festival de Cornualla (o Bro Kernev), Alan Stivell tomará parte no bautizo do proxecto que confirmará á segunda gran vaga de fama da música celta.

No 1994, Stivell recibe a medalla da Orde de Hermini en Gwened, que recompensa a aqueles homes e mulleres que destacan pola súa colaboración no labor na difusión da Bretaña. Un ano máis tarde, grava Brian Boru como homenaxe a Brian Boru, rei que gobernou Irlanda no século XI. Neste traballo arranxa temas tradicionais cun toque moderno e, por primeira vez, con inspiracións tomadas do hip hop. A canción Parlament Lament está adicada ao Parlamento da Bretaña en Rennes, que sufrira un destrutivo incendio o 4 de febreiro do 1994.

No 1998, seguindo o seu afán por tender pontes entre as culturas e as músicas, publica 1 Douar (1 Terra), disco no que convida a Youssou N'Dour, Cheb Khaled, Jim Kerr, John Cale, Paddy Moloney e outras personalidades artísticas do mundo.

O 16 de marzo de 1999 é unha das figuras presentes no cartel dun gran concerto no Pazo Omnisport de París, no cal participa tamén Héritage des Celtes. O dobre traballo Bretagnes à Bercy reuniu aos máis famosos músicos da Bretaña que interpretaron, entre outros, sete temas de Alan Stivell.

Anos 2000 editar

Back to Breizh publicouse no ano 2000, e o título xa manifesta a intención de retornar á realidade histórica bretoa. No 2002, Au-delà des mots (Máis aló das palabras), é unha obra instrumental na cal as arpas asumen o papel central.É de novo o arpista Stivell o que nos amosa un conxunto de sonoridades acústicas mesturadas coas máis modernas técnicas electrónicas.

No 2004, para celebrar a renovación da arpa celta na Bretaña, Alan Stivell publica, coa colaboración de Jean-Noël Verdier, un libro que explica a historia deste instrumento: Telenn, la harpe bretonne. Neste mesmo ano publica un CD-DVD titulado Parcours, que mestura reedicións con novas composicións inesperadas, que acada un grande éxito converténdose en DVD de ouro.

En marzo do 2006 publica o seu álbum número 22, titulado Explore, distribuído por vez primeira por Harmonia Mundi, no cal se reafirma na súa orientación electrónica, xa entrevista naquel Brian Boru e outros traballos. Nestes traballos xa vemos como mestura gaita eléctrica, arranxos e o seu novo prototipo de Telenn eléctrica. O disco foi acollido con moito entusiasmo entre a crítica estranxeira e francesa.

Un home de convicións editar

A súa nacionalidade, o estatuto da Bretaña editar

Unha das loitas de Alan Stivell xira arredor ao estatuto da Bretaña: declárase favorable a unha autonomía interna no seo da República Francesa de xeito similar ao que acontece con Escocia ou Gales no Reino Unido. Stivell recoñece ser cidadán francés, pero reafírmase como bretón antes que nada e pensa na Bretaña como entidade autónoma. O disco E Dulenn, gravado no 1975 en directo no National Stadium de Dublín, comeza cunha declaración militante do cantautor chamada Délivrance (Liberación):

Chegaron os tempos da liberdade/ lonxe de nós calquera idea de vinganza/ manteremos a nosa amizade/ co pobo de Francia

No 2002, declara nun coloquio:

Neste caso, %[...] obterían a autonomía (o nome importa pouco) no marco da República Francesa. Onde está o problema?. Que nun día unha maioría de bretóns solicitará, coma eu, estar directamente federados con Europa? [...] Quen tería o dereito de llelo negar?
Identités et démocratie, PUR, Rennes, 2002

Outras opinións editar

Alan Stivell tamén expresou as súas ideas noutros temas, especialmente os aspectos relativos á política e na filosofía. Considérase a si mesmo un home de esquerdas. Dende o comezo da súa carreira profesional nunca parou de reclamar, tanto a través dos seus escritos como mediante as súas palabras, a igualdade entre tódolos homes e o rexeitamento a toda forma de inxustiza. Ademais, loita polo progreso social nos seus diferentes aspectos, como por exemplo o feminismo, o ecoloxismo ou a solidariedade norte-sur. Por último, defende unha espiritualidade allea ás igrexas, unha espiritualidade universal froito das achegas das diferentes culturas do mundo, mesmo das consideradas ateas.

Discografía editar

Álbums editar

* Telenn Geltiek ¹ (1964)
* Reflets (1970)
* Renaissance de la Harpe Celtique (1972)
* A l'Olympia (1972) En directo
* Chemins de Terre (1973)
* E Langonned (1974)
* E Dulenn (1975) En directo
* Trema'n Inis - Vers l'Île (1976)
* Before Landing / Raok Dilestra - Avant d'Accoster (1977)
* Un dewezh 'barzh 'gêr - Journée à la maison (1978)
* International tour - Tro ar Bed (1979) En directo
* Symphonie Celtique - Tir na nOg (1980)
* Terre des vivants - Bed an dud vew (1981)
* Legend - Mojenn (1983)
* Harpes du Nouvel Âge (1985)
* The Mist of Avalon (1991)
* Again (1993)
* Brian Boru (1995)
* 1 Douar (1998)
* Back to Breizh (2000)
* Au-delà des mots - En tu-hont d'ar c'homzoù - Beyond Words (2002)
* Explore (2006)
* Emerald (2009)
* AMzer (2015)

¹ reedición en CD en 1994 de Telenn Geltiek, dous antigos discos de vinilo gravados en 1959 e 1964.

Grandes concertos editar

* Bretagnes à Bercy (1999)
* Nuit Celtique II au Stade de France (2003)
* 40th Anniversary Olympia 2012 (2013)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar