Alan Jay Pakula, nado en Nova York o 7 de abril de 1928 e finado en Melville (Nova York) o 19 de novembro de 1998 foi un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Infotaula de personaAlan J. Pakula

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alan Jay Pakula Editar o valor em Wikidata
7 de abril de 1928 Editar o valor em Wikidata
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Melville, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Roberto RosselliniFrançoise Sagan → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , director de cinema , produtor de cinema , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHope Lange (1963–1971) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001587 Allocine: 3859 Rottentomatoes: celebrity/alan_j_pakula Allmovie: p105408 TCM: 146645 IBDB: 11261
WikiTree: Pakula-4 Find a Grave: 4058 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pakula naceu no Bronk, de pais de orixe xudía polaca, Jeanette Goldstein e Paul Pakula.[1] Comezou a súa carreira en Hollywood como axudante no departamento de animación en Warner Brothers. En 1957 levou a cabo a súa primeira produción para Paramount Pictures e en 1962 produciu To Kill a Mockingbird, que lle valeu unha candidatura ao Oscar ao mellor filme.

O seu primeiro filme como director foi The Sterile Cuckoo (1969), con Liza Minnelli.[2] Nos seguintes anos logrou éxitos con filmes coma Klute, Tódolos homes do presidente ou Sophie's Choice.

Pakula faleceu en 1995 nun accidente de tráfico na Long Island Expressway: un condutor diante del golpeou un tubo metálico que atravesou o parabrisas de Pakula dándolle na cabeza e causando que saíse da estrada cara a un valo, falecendo instantaneamente.[3]

Filmografía editar

Ano Título
1969 The Sterile Cuckoo
1971 Klute
1973 Love and Pain and the Whole Damn Thing
1974 The Parallax View
1976 Tódolos homes do presidente
1978 Comes a Horseman
1979 Starting Over
1981 Rollover
1982 Sophie's Choice
1986 Dream Lover
1987 Orphans
1989 See You in the Morning
1990 Presunto inocente
1992 Consenting Adults
1993 O informe pelicano
1997 The Devil's Own

Notas editar

  1. Filmreference.com (ed.). "Alan Pakula Biography". Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  2. Canby, Vincent (23 de outubro de 1969). "The Sterile Cuckoo (1969) Screen: 'The Sterile Cuckoo,' Old-Style TV Drama". The New York Times. 
  3. Sterngold, James (20 de novembro de 1998). The New York Times, ed. "Alan J. Pakula, Film Director, Dies at 70". Consultado o 17 de marzo de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar