Abu Mahmud Hamid ibn al-Khidr Al-Khujandi, nado en Khudzhand, hoxe Taxiquistán, contra o 940 e finado no 1000, foi un astrónomo persa que axudou a construír un observatorio en Ray, preto de Teherán.

Al-Khujandi
Nacemento940
Lugar de nacementoKhujand
Falecemento1000
NacionalidadeDinastia Buyida e Império Samânida
RelixiónIslam
Ocupaciónmatemático, astrónomo e astrólogo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os poucos feitos coñecidos sobre a súa vida proveñen dos seus escritos e dos comentarios de Nasir al-din al-Tusi. Al-Khujandi era un dirixente da tribo mongol da rexión de Khudzhand e, polo tanto, de orixe nobre. Khudzhand está na beira do río Syrdarya no val de Fergana e foi capturada polos árabes no século VIII.

Al-Khujandi traballou baixo a dirección da dinastía Buwayhid de Ray. O emir Fakhr ad-Dawlah axudouno a construír un sextante xigantesco en 994 para o seu observatorio. Nese momento, os científicos árabes acreditaban que, canto maior for un instrumento maior era a súa precisión. O sextante mural de Al-Khujandi foi deseñado por el mesmo e incluía como novidade unha escala que indicaba segundos.

Utilizouno en 994 para observar unha serie de tránsitos solares preto dos solsticios. Coas observacións feitas en xuño e decembro calculou a oblicuidade da eclíptica e a latitude de Ray e publicounas en Sobre a oblicuidade da elíptica e as latitudes das cidades.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar