Muhammad ibn Muhammad ibn Tarkhan ibn Uzalagh al-Farabi (en lingua persa: محمد فارابی), tamén coñecido en Occidente como Alpharabus, Alfarabí, ou Farabi, nado en Wasij no 870 e finado no 950, foi un filósofo e científico persa de orixe turcófona e lingua literaria árabe.

Al-Farabí
Nacemento10 de xaneiro de 872, c. 870 e c. 872
Lugar de nacementoOtrar
Falecemento17 de xaneiro de 951, c. 950 e xaneiro de 951
Lugar de falecementoDamasco
NacionalidadeAbbásida
RelixiónIslam
Ocupaciónfilósofo, físico e teórico da música
Coñecido porAra Ahl al Madina al Fadila, message in the mind, Alfarabi's Philosophy of Plato and Aristotle e Kitab al-Musiqa al-Kabir
Na rede
Musicbrainz: ea744cd2-b5dd-403f-a585-45d308d34ca3 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu nunha pequena vila preto de Farab (actual Casaquistán), e foi levado a Bagdad de neno polo seu pai.

Farabi fixo importantes contribucións en matemáticas, filosofía, medicina e mesmo música. Como filósofo escribiu comentarios sobre as obras de Aristóteles, categorizou a lóxica en dous grupos, un como idea e outro como proba. Escribiu un libro sobre música Kitab al-Musiqa (O libro da música), o seu sistema de ton puro árabe aínda se emprega na música árabe. Farabi tivo unha grande influencia na ciencia e no coñecemento durante séculos, o seu traballo considerado unha síntese de filosofía e sufismo, está na base da obra de Ibn Sina.

Influenciado polos escritos de Aristóteles apuntou a idea -herética para o islam- de que a razón é superior á revelación, cuestionou a autoridade do Corán dende o racionalismo e rexeitou a predestinación.


 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.