Al-Arish

cidade de Exipto

Al-Arish ou El-Arish (en árabe العريش‎ al-ʿArīš, en copto ϩⲣⲓⲛⲟⲕⲟⲣⲟⲩⲣⲁ Hrinokorura), e unha cidade de Exipto, é a capital e cidade máis grande, con 164 830 habitantes en 2012,[1] da gobernación (provincia) de Exipto do Sinaí do Norte, así como a cidade máis grande de toda a península do Sinaí

Modelo:Xeografía políticaAl-Arish
العريش (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(1916)

Localización
Mapa
 31°08′N 33°48′L / 31.13, 33.8Coordenadas: 31°08′N 33°48′L / 31.13, 33.8
EstadoExipto
GobernaciónSinai do Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación164.830 (2012) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude15 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
20 de febreiro de 1799Siege of El Arish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Situada na costa mediterránea, a 344 quilómetros ao nordeste do Cairo, limita coa franxa de Gaza e con Israel.

Al-Arīsh distínguese polo mar de augas azuis claras, as frondosas formacións de palmeiras datileiras na súa costa e as súas suaves praia de areas brancas. Ten un porto deportivo e moitos hoteis de luxo. A cidade tamén ten algunhas das facultades da Universidade do Canal de Suez.

Al-Arīsh está xunto a un gran leito fluvial, o Wādī al-ʻArīsh, que recibe augas de gran parte do norte e do centro do Sinaí.

Historia editar

 
Palmeiras na praia de Al-Arish
 
Soldados da ONU que marcan a nova liña de retirada entre Al-Arish e Rafah

A cidade xurdiu en torno a un asentamento beduíno próximo ao antigo posto avanzado de Rinocolura, durante a dinastía tolemaica.[2] Localizada a medio camiño entre Israel e Exipto, Al-Arish ten grande interese arqueolóxico pero, asombrosamente, non se realizaou ningún proxecto arqueolóxico importante nela ou na súa veciñanza. Na Idade Media, os peregrinos interpretaron mal o lugar como o Sukkot da Biblia. Arish significa "chozas de palma", que corresponde en árabe ao Sukkot hebreo.

Nesta época, en 1117 o primeiro rei de Xerusalén Balduíno I, visitando a costa da península do Sinaí, enfermou. Convencido de que o seu mal era debido ao seu matrimonio bígamo, enviou á súa esposa Adelaida de volta ao reino de Sicilia.

Segundo Fulquerio de Chartres:

«Entón un día paseaba xunto ao río que os gregos chaman Nilo e os hebreos Gihon, cerca da cidade, divertíndose con algúns amigos. Varios dos cabaleiros usaron habilmente as súas lanzas para capturaren algúns peixes, que levaron ao campamento, onde os comeron. Entón, o rei sentiu as dores dunha antiga ferida e sufriu unha gran debilidade.»

En palabras de Thomas Fuller, un historiador do século XVII, Balduíno «capturou moitos peixes, así como a súa morte ao comelos».

Balduíno foi levado de volta a Xerusalén nunha padiola, pero morreu no camiño, na aldea de Al-Arish, o 2 de abril de 1118. Fulquerio de Chartres di: «os francos chorárono, os sirios e incluso os sarracenos que o viron tamén o lamentaron».

No Imperio otomán construíronse novas fortalezas no lugar, en 1560.

Durante as Guerras napoleónicas, os franceses sitiaron a fortaleza, que caeu despois de once días, o 19 de febreiro de 1799.

A fortaleza foi destruída polos bombarderos británicos durante a Primeira guerra mundial.

Despois da creación do Estado de Israel en 1956 Al-Arish estivo un tempo baixo administración israelí nese ano, e o outra vez desde 1967 até 1979, cando se asinou o tratado de Paz entre Israel e Exipto de 1979. Despois de volver a soberanía exipcia converteuse nun centro para o comercio e de tránsito entre os dous países. É un destino turístico cada vez máis popular.

Despois de 1967, Israel destruíu a liña de Al-Arish ao Canal de Suez por razóns de seguridade.[3]

Notas editar

  1. Central Agency for Public Mobilization and Statistics, Egypten.
  2. Meer, Michaël N. van der (2012): "The Natural and Geographical Context of the Septuagint: Some Preliminary Observations". En: W. Kraus, M. Karrer & M. Sigismund (eds.) Die Septuaginta. Entstehung, Sprache, Geschichte. 3. Internationale Fachtagung veranstaltet von Septuaginta Deutsch (LXX.D). Tübingen: Mohr-Siebeck, pp. 387-421.
  3. Al-ʿArīsh na Encyclopaedia Britannica.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.