Akari (あかり, en xaponés, Luz[5]), denominado ASTRO-F antes do lanzamento e inicialmente denominado IRIS (InfraRed Imaging Surveyor)[6], foi un observatorio espacial xaponés no infravermello pertencente á JAXA. Foi lanzado o 21 de febreiro de 2006 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).

Akari (Astro-F)
Modelo a escala de Akari
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónJAXA
Data de lanzamento21 de febreiro de 2006[1][2][3][4]
Foguete portadorM-V[2][5][6]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][5]
Obxectivo da misiónObservación no infravermello[2][5]
NSSDC ID2006-005A
Masa955 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7078,5 km[1]
Inclinación98,3 graos[1]
Apoapse713,7 km[1]
Periapse701,4 km[1]

Características editar

Akari foi deseñado para observar no espectro infrraroxo. Para iso usa un telescopio Ritchey-Chretien cunha apertura de 67 centímetros e unha lonxitude focal de 420 centímetros. O espello primario é de carburo de silicio cun recubrimento de ouro. Leva dous instrumentos no plano focal arrefecidos a unha temperatura de 6 Kelvin mediante 170 litros de helio líquido. A cantidade de helio estaba calculada para durar 550 días de observacións.[2]

Os dous instrumentos do plano focal son:[7]

  • FIS (Far-Infrared Surveyor, explorador do infravermello distante): está deseñado para facer unha exploración completa do ceo no infravermello distante. O intrumento leva dous detectores formados por fotoconductores que usan semicondutores (xermanio e galio). Cada detector usa filtros, polo que en total o instrumento ten catro bandas de observación: de 50 a 80, de 60 a 110, de 110 a 180 e de 140 a 180 µm. O FIS tamén se usa para observacións dirixidas para a detección de obxectos febles ou para facer espectroscopía mediante un espectrómetro de transformada de Fourier.
  • IRC (InfraRed Camera, cámara infravermella): está composta por tres sístemas independentes. Unha avantaxa da IRC é que pode observar un campo de 10 minutos de arco cadrados grazas ó uso de matrices de gran formato (512x412 para NIR e 256x256 para MIR). Cada cámara pode seleccionar unha banda concreta de observación grazas ó uso de filtros, ademais de poder realizar observacións espectroscópicas mediante prismas e reixas. As tres cámaras que compoñen a IRC son:
    • NIR: é unha cámara que observa no infravermello próximo, entre 1,5 e 5,5 µm.
    • MIR: observa no rango entre 5,8 e 14,1 µm.
    • MIR-L: para as lonxitudes de onda entre 12,4 e 26,5 µm.

Resultados editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Trackin, ed. "ASTRO F (AKARI)" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (8 de xullo de 2011). "Akari" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  3. "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-82185). 11 de abril de 2007: 3. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2018). "ASTRO-F / Akari" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 ESA, ed. (2011). "Europa se une a Japón en la próxima exploración del cielo infrarrojo" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  6. 6,0 6,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astro F (IRIS, Akari)" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  7. JAXA, ed. (2005). "Focal Plane Instruments" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  8. JAXA/ISAS/LIRA, ed. (28 de novembro de 2008). "AKARI (ASTRO-F) Results". Consultado o 18 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar