Air Berlin foi a segunda aeroliña máis grande de Alemaña, despois de Lufthansa, e a sétima europea en número de pasaxeiros. Operaba unha extensa rede de voos que inclúian destinos de vacacións na zona mediterránea, as illas Canarias e o norte de África ademais de destinos internacionais cara ao sueste asiático, o Caribe e as Américas. A aeroliña foi membro da alianza Oneworld e a súa subsidiaria austríaca Niki é membro afiliado da alianza.

Air Berlin
IATA
AB
OACI
BER
Indicativo
AIR BERLIN
Fundación1978 (como Air Berlin USA)
Inicio das operacións1979
Plan de voo frecuentetopbonus
AlianzaOneworld
SubsidiariasBelair, Niki, LGW
Frota118
Destinos171
Eslogan da compañíaYour Airline
SedeBerlín, Alemaña
Páxina web: http://www.airberlin.com/

Air Berlin concéntrabase en servir ás grandes cidades alemás e europeas para atraer tráfico de negocios. Voaba a un total de 25 cidades alemás, máis que calquera outra aeroliña. Os seus centros de operacións eran o aeroporto de Berlin-Tegel e o aeroporto de Düsseldorf.

O 15 de agosto Air Berlin declarouse insolvente[1] e o 27 de outubro dese ano cesaron todos os seus servizos.[2]

Frota editar

En decembro de 2015 a frota de Air Berlin estaba composta polos seguintes avións:[3]

Frota de Air Berlin
Avión En servizo Pedidos[4] Pasaxeiros[5] Notas
C Y Total
Airbus A319-100 5 150 150
Airbus A320-200 46 4; 180 180 4 equipados con sharklets
Airbus A321-200 19 4[4] 210 210 7 equipados con sharklets
Airbus A330-200 14 19
279
336
298
336

todos serán convertidos a unha configuración de 298 asentos durante 2016[6]
Boeing 737-700 6 144 144 operados por TUIfly ata 2019[7]
Boeing 737-800 25 186 186 irán retirándose ata 2016
Bombardier Dash 8 Q400 17 3; 76 76 operados por Luftfahrtgesellschaft Walter
Saab 2000 2 50 50 operados por Darwin Airline
Total 133 11

Notas editar

  1. Welt (ed.). "Air Berlin meldet Insolvenz an – Bundesregierung gibt Kredit". Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  2. ABC (ed.). "El último vuelo de Air Berlin". Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  3. ch-aviation.com - Air Berlin retrieved 6 December 2015
  4. 4,0 4,1 airbus.com - Orders and deliveries retrieved 17 November 2015
  5. "Our Fleet". airberlin.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2013. Consultado o 2013-08-01. 
  6. http://www.aero.de/news-22873/Air-Berlin-setzt-auf-Langstrecken-und-Einsparungen.html
  7. http://www.aero.de/news-22881/Pichler-macht-Punkte---Sanierungsplan-fuer-Air-Berlin.html

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar