Aidan de Lindisfarne

Aidan de Lindisfarne -en gaélico Áedán- tamén coñecido como Aidano[1] o apóstolo de Northtumbria, naceu probablemente en Connacht en data descoñecida e finou en Bamburgh o 31 de agosto do 651[1] que é cando se conmemora. Foi foi un monxe misioneiro, de orixe irlandesa, que fundou o mosteiro ou abadía de Lindisfarne, apoado polo rei Oswald, que foi a sede episcopal máis antiga deste reino de Northumbria. Viaxou continuamente para converter ao cristianismo, tanto á nobreza dos anglos como as clases sociais baixas incluíndo os escravos polo que se lle atribúe a restauración do cristianismo en Northumbria. Predicaba co exemplo e serviu de inspiración a moitos monxes.

Infotaula de personaAidan de Lindisfarne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 590 Editar o valor em Wikidata
Connacht Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 651 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Bamburgh Editar o valor em Wikidata
Bishop of Lindisfarne (en) Traducir
635 – – Finan de Lindisfarne (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (635–), sacerdote católico , misioneiro Editar o valor em Wikidata
AlumnosCedd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa31 de agosto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A fonte fundamental sobre a vida de Aidan é o que se atopa nas páxinas que Beda lle adica na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum[1]. Pero hai moitos momentos da súa vida, cando era novo, que permanecen descoñecidos até que se converte en monxe no mosteiro de Iona, que é, curiosamente, o que dá máis credibilidade á narrativa de Beda[2]. O que se sabe é que era de orixe irlandesa e que foi moi coñecido pola súa relixiosidade ascética[3].

Contexto Histórico editar

Durante a dominación romana da illa de Gran Bretaña o cristianismo, paseniño, fórase introducindo pero non chegara á illa de Irlanda. Nos tempos do nacemento de Aidan, os anglosaxóns conquistaran e colonizaran gran parte da illa británica e voltárase a un paganismo centrado na mitoloxía nórdica. A finais do século VI, o papa Gregorio enviou unha misión de evanxelización, pero a súa tarefa aínda non estaba consolidada. Na abadía da illa de Iona, fundada por Columba, polo 616 atopou refuxio Osvald de Bernicia, un mozo de orixe nobre que estaba alí no exilio. Osvald foi bautizado e xurou que se un día fose rei volvería o cristianismo ao seu país, o que sucedeu cando no 634 retornou ao trono.

O rei Oswald preferiu os monxes de Iona, en lugar dos doutras dioceses do reino, por exemplo Canterbury[3] para predicar o cristianismo en Northumbria. Primeiramente, os monxe enviaran un bispo chamado Corman, mais este non deu convencido ás xentes, por mor das súas formas rudas, e volveu a Iona denostando a teimosía dos nortumbrios para non se converter. Aidan criticou os métodos de Corman e foi o elixido para substituílo polo que no 635 foi consagrado bispo[4].

Misión evanxelizadora editar

Aidan escolleu a illa de Lindisfarne, que estaba relativamente preto da residencia real, o castelo de Bamburgh, como sé para a súa diocese[3]. De seguido, comezou unha viaxe de aldea en aldea, para falar con quen tiver interese na fe ou na Palabra Divina, para o coñecemento e práctica dos preceptos cristiáns ao mesmo tempo que empregou a paciencia e fala coa xente nunha linguaxe ao seu nivel e tendo un interese certo nas súas vidas e comunidades. Así foi como Aidan e os monxes da súa abadía tiveron éxito e conseguiron establecer o cristianismo en Northumbria. O rei Osvald, que, desde a súa estadía en Irlanda, sabía ben o idioma dos irlandeses, moitas veces foi tradutor de Aidan e os monxes que estaban con el que, inicalmente, descoñecían a lingua dos anglosaxóns, polo que o rei tamén contribuíu á evanxelizaciñon do seu reino[3].

Durante os anos de evanxelización, Aidan foi responsable da construción de igrexas e mosteiros en todo o territorio de Northumbria. Ao mesmo tempo adquiriu unha gran reputación como home misericordioso e compasivo pola súa caridade cos menos afortunados e a súa tendencia a proporcionar abrigo, alimentos e educación para orfos e polo uso de parte das doazóns na liberación dos escravos.

 
Vidreiras representando a Santo Osvaldo e Santo Aidan.

A abadía de Lindisfarne, fundada por el, medrou en membros e iso levouno a fundar outras abadías e institucións relixiosas. Tamén serviu como un centro de educación e biblioteca onde se formaron moitos sacerdotes ao seu cargo. Aínda que Aidan foi un membro dunha rama do cristianismo que seguiu o chamado rito celta, diferente do rito romano, gañou o respecto do papa papa Honorio I e de Félix de Borgoña[5], que o eloxiaron pola súa enerxía na misión evanxelizadora e polos resultados obtidos.

Cando Oswald morreu en 642, Aidan continuou a recibir o apoio do rei Oswine de Deira e os dous fixéronse amigos[6]. A súa misión evanxélica continuou ata o 651 e a hostilidade pagán rematou no país, pero, de seguido, o infortunio veu de fóra cando un exército de viquingos atacaron Bamburgh e intentaron destruílo todo.mediante o lume. Segundo a lenda, Aidan viu as lapas dende a súa cela da abadía de Lindisfarne, e axeonllouse rezando polos habitantes da cidade. De súpeto, o vento mudou de dirección e as chamas viraron contra os inimigos, que fuxiron convencidos de que a capital estaba protexida por forzas espirituais.

Pouco despois, o rei Oswine foi traizoado e asasinado, e doce días máis tarde Aidan tamén morreu, o día 31 de agosto, 651. Enfermara duntante unha das súas viaxes, e morreu deixéndose caer sobre unha das paredes da igrexa do castelo de Bamburgh, que fora visitar. O seu bispado durou dezasete anos. Baring-Gould resumiuno poeticamente: "Foi a morte dun soldado da fe nos seus propios campos de batalla"[7].

Veneración editar

Os monxes levaron o corpo de Aidan a Lindisfarne, e foi enterrado baixo da abadía que fundara[2]. Cando no sínodo de Whitby (664) se impuxo o rito romano sobre o rito céltico, o terceiro bispo de Lindisfarne, san Colman que non estaba de acordo con esa decisión, levou con el os restos de san Aidan para Irlanda[3][8]. No século X, monxes de Glastonbury recibiron algunhas reliquias[1] que, supostamente, pertencían a santo Aidan[2]. En época contemporánea, tempos modernos, Joseph Lightfoot (1828-1889) bispo de Durham, dixo sobre el que: "Agustín, foi apóstolo de Kent, pero Aidan foino dos ingleses"[9].

Tamén foi reverenciado como un santo fóra de Northumbria, pois no antigo calendario de Wessex, houbo un día dedicado ao seu culto[1]. É recoñecido como santo pola Igrexa Católica, a Igrexa Anglicana e a Igrexa Ortodoxa e pola luterana, que lle adica o 9 de xuño, segundo o Calendario de Santos Luterano. En 2008, foi proposto como probábel santo patrón do Reino Unido[10][11].

Hai múltiples igrexas coa súa advocación e en Durham, un edificio da universidade leva o seu nome: St Aidan"s College.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Pezzini, Domenico (2000). "Aidano". En Leonardi, C.; Riccardi, A.; Zarri, G. Diccionario de los Santos. Vol. I. Madrid: San Pablo. pp. 97–99. ISBN 84-285-2258-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Farmer, David Hugh (1978). The Oxford dictionary of saints (1ª ed.). Oxford: Oxford University Press. pp. 8-9. ISBN 9780198691204. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "St. Aidan the Bishop of Lindesfarne". Orthodox Churh in America (oca.org). Consultado o 30-08-2017. 
  4. Fryde et alii (1996), p. 219
  5. Chisholm (1911), op.cit. p. 435
  6. Hole, Christina (1966). Saints in Folklore. London: Bell and Sons. pp. 110-111. ISBN 0713505540. 
  7. Baring-Gould, Sabine (1914), p.399
  8. Baring-Gould, Sabine (1914), p. 185
  9. MacManus, Seumas (2005). The Story of the Irish Race. Cosimo Classics History. Cosimo Classics. p. 233. ISBN 978-1596050631. 
  10. "Home-grown holy man: Cry God for Harry, Britain and... St Aidan". independent.co.uk. 23-04-2008. Consultado o 27-08-2017. 
  11. Bradley, Ian (29-01-2013). "Wanted: a new patron saint". theguardian.com. Consultado o 31-08-2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Attwater, Donald; John, Catherine Rachel (1993). The Penguin Dictionary of Saints. Nova York: Penguin Books. ISBN 0-14-051312-4 .
  • Baring-Gould, Sabine (1914). The Lives of the Saints. With introduction and additional Lives of English martyrs, Cornish, Scottish, and Welsh saints, and a full index to the entire work. Edinburgh: Grant.
  • Butler, Alban (1956). Lives of the Saints. Edited, revised, and supplemented by Herbert Thurston and Donald Attwater. Palm Publishers.
  • Chisholm, Hugh (1911). «Aidan». A: Encyclopædia Britannica. Volum 1. Cambridge University Press.
  • Farmer, David Hugh (2011). The Oxford dictionary of saints. Oxford University Press. ISBN 9780199596607.
  • Fryde, E B; Greenway, D E; Porter, S; Roy, I. (1996). Handbook of British Chronology. Cambridge University Press. ISBN 0-521-56350-X.
  • Hole, Christina (1966). Saints in Folklore. Londres: Bell and Sons.
  • MacManus, Seumas (2005.) The Story of the Irish Race. Cosimo.
  • Wallace, Martin (2009). Celtic Resource Book. Church House Publishing.

Ligazóns externas editar