Aguijan é unha pequena illa situada a 8 km de Tinian, illa separada pola Canle de Tinian na cadea das Illas Marianas do Norte no océano Pacífico.

Aguijan
Aguijan
Aguijan vista desde Tinian
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
ArquipélagoIllas Marianas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas14°51′07″N 145°33′38″L / 14.85194, -145.56056Coordenadas: 14°51′07″N 145°33′38″L / 14.85194, -145.56056
Xeografía
Superficie7´09 km²
Longura máxima4´7
Largura máxima1´8
Punto máis alto157 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2010)
Localización da illa

Durante a segunda guerra mundial, os xaponeses mantiveron unha gornición en Aguijan.

Aguijan e a súa veciña Tinian forman o municipio de Tinian, unha das catro principais divisións políticas que conforman a Illas Marianas do Norte.

Xeografía editar

Aguigan só ten un tamaño de 709 kilometros cadrados (274 sq mi), cunha lonxitude de 47 km (29 mi) e un ancho de 18 km (11 mi). É alcumada como "Illa das cabras" debido á gran cantidade de cabras salvaxes alí presentes. Gran parte da vexetación autóctona de Aguijan foi destruída polas cabras.

Aguigan está deshabitada e rara vez é visitada porque está rodeada de abuptos cantís. Non obstante, unha expedición realizada no 2002 sobre a illa atopou alí un puñado de especies autóctonas, incluíndo varias especies de morcego, morcego da froita das Marianas, o morcego de cola de vaina e o megapodo micronesio Megapodius laperouse.

Naftan Rock editar

Aproximadamente a 1 km da costa suroeste de Aguijan está Naftan Rock, con 18 m. de altitude.[1]

Historia editar

É probable que os primeiros avistamentos por parte dos europeos ocorreran durante a expedición española de Fernando de Magalláns, ou polo seu comandante Gonzalo Gómez de Espinosa sendo cartografada como "Santo Ángel". Foi visitado polo misioneiro español Diego Luis de San Vitores en 1669.[2]

Aguijan administrouse como parte das Illas Marianas españolas desde o século XVI ata 1899, cando as Marianas do Norte foron vendidas por España ao Imperio Alemán. Baixo Alemaña, administráronse como parte de Nova Guinea alemá. Durante a primeira guerra mundial, Aguijan quedou baixo o control do Imperio do Xapón e administrouse como parte do Mandato do Pacífico sur. Durante a segunda guerra mundial, o exército imperial xaponés mantivo unha gornición en Aguijan. Esta gornición é digna de mención debido á súa rendición ás forzas Aliadas o 4 de setembro de 1945, dous días despois da rendición do Xapón no USS  Missouri  (BB-63). A rendición é única porque foi a única rendición organizada por un Garda Costas dos EE.UU, o USCG 83525. O almirante da Mariña estadounidense Marshall R. Greer recibiu a rendición do segundo tenente xaponés Kinichi Yamada.[3]

Tras a segunda guerra mundial, Aguijan quedou baixo o control dos Estados Unidos e administrouse como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. Desde 1978, a illa forma parte da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte.

Notas editar

  1. "Aguijan Optical Validation - NOAA Nautical Chart # 8 1067". Universidade de Hawai. NOAA. Consultado o 20 de outubro de 2018. 
  2. Burney, James "Unha historia cronolóxica dos descubrimentos no mar do Sur ou no océano Pacífico" Londres, 1803, vI, p. 57.
  3. EE. UU. Oficina de Historiador da Garda Costeira (ed.). "Cronoloxía diaria de setembro da historia da garda costeira (entrada para o 4 de setembro)" (PDF). Consultado o 18 de xaneiro de 2019. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar