A aguapanela é unha bebida propia de América do Sur e partes de América Central e o Caribe. A mesma é unha infusión preparada a partir de panela a cal se produce co zume da cana de azucre solidificado.[1][2]

Polo xeral colócase medio bloque de panela en auga fervendo para que se disolva.

Aínda que existen diversas receitas en América do Sur, é especialmente popular en Colombia e partes do Brasil onde se consome como un té e alternativa ó café. En Ecuador, Chile e o Perú adóitaselle agregar un chorro de limón.

Preparación editar

A aguapanela prepárase colocando anacos de panela en auga e revolvendo ata que se disolvan por completo. A bebida sérvese quente ou fría, e a miúdo agrégaselle limón ou lima.[3] Se se consome quente, ás veces agrégaselle un pouco de leite ou un anaco de queixo no canto de zume de froitas.

En Colombia, o café ás veces é preparado con aguapanela no canto de auga e azucre, o que lle outorga un gusto particular.

Usos editar

Hai quen sosteñen que a aguapanela posúe efectos benéficos sobre a saúde, baseados na crenza que contén máis vitamina C que o zume de laranxa. A crenza popular é que é unha bebida que axuda no tratamento do arrefrío. A aguapanela evolucionou de ser unha bebida consumida pola clase traballadora a ser común en cafetarías en Colombia.

O canelazo é unha versión alcohólica de aguapanela con canela á que se agrega augardente. O vaso no cal se serve posúe o seu bordo azucarado.

Notas editar

  1. Ordóñez, Carlos (24 de xuño de 2006). Semana, ed. "La aguapanela" (en español). 
  2. Begg, Kirsten (12 de marzo de 2009). Colombia Reports, ed. "Aguapanela: The Truth". 
  3. Aguapanela con limón