Agnieszka Holland

Agnieszka Holland, nada en Varsovia o 28 de novembro de 1948, é unha directora de cinema e televisión polaca.

Infotaula de personaAgnieszka Holland

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Artes Performativas de Praga
Stefan Batory Gymnasium and Lyceum (en) Traducir
Film and TV School of the Academy of Performing Arts in Prague (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , escritora , director teatral , guionista , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorBrooklyn College Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca, lingua eslovaca, lingua inglesa, lingua alemá, lingua francesa e lingua checa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLaco Adamík (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosKatarzyna Adamik (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenryk Holland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Irena Rybczyńska-Holland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMagdalena Łazarkiewicz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0002140 Allocine: 150 Allmovie: p94664
Instagram: holland.agnieszka WikiTree: Holland-14628 Editar o valor em Wikidata
Agnieszka Holland
Pokot

Moi recoñecida polas súas contribucións á nova vaga do cinema polaco, Agnieszka Holland está considerada como unha das máis prominentes cineastas polacas.

Traxectoria editar

Nada dunha parella de xornalistas, o seu pai Henryk Holland era xudeu e un prominente activista comunista que chegou a capitán do exército polaco.[1] Pola contra, a súa nai era católica, mais Holland non foi criada en ningunha relixión.[2][3] O pai de Holland perdera os seus proxenitores no ghetto durante o holocausto e pasou gran parte da súa vida adulta negando a súa orixe xudía. A nai de Holland participou no levantamento de Varsovia en 1944 como membro da resistencia e axudou a rescatar varios xudeus, motivo polo que recibiu unha medalla do Instituto Yad Vashem de Israel.[3]

Ambos os proxenitores traballaron despois da guerra nun xornal local da cidade de Varsovia e debido a isto Holland sempre estivo en contacto con diversos temas políticos e sociais que afectaban a Polonia da época. Holland estivo moito tempo enferma cando era nena e pasou gran parte desa época escribindo, debuxando e dirixindo pequenas obras con outros nenos.[4] Cando tiña once anos, os seus pais divorciáronse e a súa nai volveu casar cun xornalista xudeu, Stanislaw Brodski.

Holland graduouse na Academia de Cine e Televisión de Praga (FAMU)[5] en 1971 e comezou a súa carreira como axudante de directores polacos como Krzysztof Zanussi (Illuminacja, 1973) e Andrzej Wajda, (Danton, 1982). O seu primeiro filme importante como directora foi Aktorzy Prowincjonalni (1978), unha crónica das tensas relacións entre os bastidores dunha pequena compañía de teatro que servía como metáfora da situación política polaca contemporánea. O filme gañou o premio internacional da crítica do Festival de Cannes (1980). Holland só dirixiu dous filmes máis en Polonia, Gorączka (1980) e Kobieta samotna (1981), antes de emigrar a Francia, en vésperas de que o xeneral Jaruzelski declarase o estado de sitio no país en decembro de 1981.

Holland foi candidata ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa po Bittere Ernte (1985), unha produción alemá sobre a fuxida dunha muller xudía durante a segunda guerra mundial.[6] Non obstante, o filme máis destacado da directora é Europa Europa (1991), baseado na biografía de Solomon Perel, un adolescente xudeu que fuxiu de Alemaña a Polonio logo da noite dos cristais rotos en 1938. Tralo inicio da segunda guerra mundial e a invasión de Polonia, Perel fuxiu ao sector polaco ocupado pola Unión Soviética. Ao ser posteriormente capturado polos alemáns durante a Operación Barbarroxa en 1941, conseguiu convencer un oficial alemán de que tamén era alemán e viuse enrolado nas Xuventudes Hitlerianas. O filme converteuse no filme alemán de máis éxito nos Estados Unidos, gañando o Globo de Ouro e logrando unha candidatura ao Oscar ao mellor guión adaptado.[4]

Como amiga do escritor e director polaco Krzysztof Kieślowski, Holland colaborou no guión do seu filme Trois couleurs: Bleu. Como Kieślowski, Holland frecuentemente analiza temas relacionados coa fe no seu traballo. Nunha entrevista concedida en 1988, a directora afirmou que a pesar de que as mulleres eran importantes nos seus filmes, o feminismo non é o tema central da súa obra, e engadiu que cando facía os seus filmes en Polonia baixo o réxime comunista, dábase unha atmosfera de solidariedade interxenérica contra a censura.

Vida privada editar

A súa filla Kasia Adamik tamén é directora de cinema.[7]

Filmografía editar

Notas editar

  1. Agnieszka Holland profile, FilmReference.com; consultado o 24 de novembro de 2015.
  2. Bloom, Nate (15 de febreiro de 2012). "Jewish Stars: Oscar time". Cleveland Jewish News. 
  3. 3,0 3,1 NPR: "Poland's Holland, Exploring Holocaust History Again" por Pat Dowell, 13 de febreiro de 2012
  4. 4,0 4,1 Tibbets, John and Agnieszka Holland. “The Interview with Agnieszka Holland: The Politics of Ambiguity”, Quarterly Review of Film and Video. 25:2, pp. 132-43.
  5. Na czeskiej fali, Agnieszka Holland - wywiad Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. consultado o 9 de marzo de 2013
  6. "The 58th Academy Awards (1986) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 10 de novembro de 2013. 
  7. "Kasia Adamik". Film Polski. Consultado o 16 de febreiro de 2014. 
  8. Agnieszka Holland, David Simon (story), Richard Price (story and teleplay) (14 de novembro de 2004). "Moral Midgetry". The Wire. Tempada 3. Episodio 08. HBO. 
  9. "Episode guide - episode 33 Moral Midgetry". HBO. 2004. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2006. 
  10. Agnieszka Holland, Ed Burns (story), Richard Price (story and teleplay) (5 de novembro de 2004). "Corner Boys". The Wire. Tempada 4. Episodio 08. HBO | station. 
  11. "Episode guide - episode 45 Corner Boys". HBO. 2006. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2006. 
  12. Agnieszka Holland, David Mills (story and teleplay), David Simon (story) (3 de febreiro de 2008). "React Quotes". The Wire. Tempada 5. Episodio 5. HBO. 
  13. "The Wire episode guide - episode 55 React Quotes". HBO. 2008. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar