O Ag2r-La Mondiale (código UCI: ALM) é un equipo ciclista francés que compite na categoría UCI WorldTour. O equipo foi fundado no ano 1992 co nome de Chanzal. Na actualidade, o Ag2r emprega bicicletas da marca alemá, Focus con compoñentes de Campagnolo.

O Ag2r-La Mondiale en abril de 2014.

Historia editar

En 1992, Vincent Lavenu, ciclista recentemente retirado do ciclismo profesional, creou un equipo de ciclismo profesional xunto a Chazal como patrocinador oficial. No útimo equipo profesional no que militou, Lavenu xa fora patrocinado por Chazal. Chazal continuou vinculado ao equipo até o ano 1995. No ano seguinte (1996), Petit Casino, unha cadea de postos de café en supermercados, fíxose co patrocinio do equipo. En 1997, Casino, a compañía de supermercados que tiña os cafés Petit Casino, fíxose cargo do patrocinio do equipo e o ozamento incrementouse. O equipo de Vincent Lavenu xa podía competir en grandes crreiras ciclistas como as clásicas. Algúns do ciclistas destacados do equipo foron Alexandre Vinokourov, Jaan Kirsipuu e Lauri Aus.

 
O AG2R Prévoyance no Tour de Francia 2006.

A compañía aseguradora Ag2r Prévoyance converteuse en patrocinador oficial no ano 2000. Na tempada 2006, o equipo uniuse ao UCI ProTour. O AG2R tivo esta oportunidade, xa que o Fassa Bortolo saíu da competición deixando unha licenza libre que o AG2R aproveitou para meterse entre os grandes porque era o único poxador por meterse logo da retirada do Comunidade Valenciá. O primeiro Tour de Francia que disputou o equipo foi o do 2006, no que obtivo éxito cunha vitoria de etapa de Sylvain Calzati e un día de amarelo Cyril Dessel.

No Tour 2014, o Ag2r-La Mondiale obtivo o seu mellor resultado individual na volta, ao lograr que o veterán ciclista francés Jean-Christophe Péraud rematará no segundo caixón da clasificación nos Campos Elisios de París.

Campionatos nacionais editar

1997

  •   Campionato Francés en Ruta, Stéphane Barthe
  •   Campionato Belga en Ruta, Marc Streel

1998

  •   Campionato Estonio en Ruta, Jaan Kirsipuu
  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Jaan Kirsipuu

1999

  •   Campionato Francés en Ruta, Gilles Maignan
  •   Campionato Estoniano en Ruta, Jaan Kirsipuu
  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Jaan Kirsipuu

2000

  •   Campionato Estonio en Ruta, Lauri Aus
  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Lauri Aus

2001

  •   Campionato Estoniano Contra o Reloxo, Jaan Kirsipuu
  •   Campionato Belga en Ruta, Ludovic Capelle

2002

  •   Campionato Estonio en Ruta, Jaan Kirsipuu
  •   Campionato Irlandés en Ruta, Mark Scanlon
  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Jaan Kirsipuu

2003

  •   Campionato Irlandés en Ruta, Mark Scanlon
  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Jaan Kirsipuu
  •   Campionato Español Contra o Reloxo, Iñigo Bernárdez

2004

  •   Campionato Estonio en Ruta, Erki Putstep
  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Jaan Kirsipuu
  •   Campionato Ucraíno Contra o Reloxo, Yuriy Krivtsov

2006

  •   Campionato Estoniano en Ruta, Erki Putstep

2007

  •   Campionato Francés en Ruta, Christophe Moreau

2008

  •   Campionato Estonio Contra o Reloxo, Tanel Kangert
  •   Campionato Moldavo en Ruta, Alexandre Pliuschin

2009

  •   Campionato Irlandés en Ruta, Nicolas Roche

2010

  •   Campionato Suízo en Ruta, Martin Elmiger

2012

  •   Campiionato Luxemburgués Contra o Reloxo, Ben Gastauer

2014

  •   Campionato Bielorruso en Ruta, Yauheni Hutarovich

2015

  •   Campionato Canadense Contra Reloxo, Hugo Houle

Equipo editar

No 1 de xaneiro de 2015

Ciclista Nacemento
  Jan Bakelants 14 de febreiro de 1986
  Romain Bardet 9 de novembro de 1990
  Julien Bérard 2 de xullo de 1987
  Carlos Betancur 13 de outubro de 1989
  Guillaume Bonnafond 23 de xuño de 1987
  Mickaël Cherel 17 de marzo de 1986
  Maxime Daniel 5 de xullo de 1991
  Nico Denz 15 de febreiro de 1994
  Axel Domont 7 de agosto de 1990
  Samuel Dumoulin 20 de agosto de 1980
  Hubert Dupont 13 de novembro de 1980
  Ben Gastauer 14 de novembro de 1987
  Damien Gaudin 20 de agosto de 1986
  Patrick Gretsch 5 de marzo de 1993
  Hugo Houle 27 de setembro de 1990
  Quentin Jaurégui 22 de abril de 1994
  Blel Kadri 3 de setembro de 1986
  Pierre-Roger Latour 12 de outubro de 1993
  Julian Kern 28 de decembro de 1989
  Sébastien Minard 12 de xuño de 1982
  Lloyd Mondory 26 de abril de 1982
  Matteo Montaguti 6 de xaneiro de 1984
  Rinaldo Nocentini 25 de setembro de 1977
  Jean-Christophe Péraud 22 de maio de 1977
  Domenico Pozzovivo 30 de novembro de 1982
  Christophe Riblon 17 de xaneiro de 1981
  Sébastien Turgot 11 de abril de 1984
  Johan Vansummeren 4 de febreiro de 1981
  Alexis Vuillermoz 1 de xuño de 1988

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar