Aethelwealh de Sussex

Æthelwealh, fl. c. 660 e finado c. 685, (tamén escrito Aedilualch, Aethelwalch, Aþelwold, Æðelwold, Æþelwald, ou Ethelwalch) foi o primeiro rei histórico de Sussex.

Infotaula de personaAethelwealh de Sussex

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Sussex Editar o valor em Wikidata
Morte685 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sussex Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEafe Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Æthelwealh converteuse no primeiro rei cristián de Sussex e era rei cando Sussex foi convertida ao cristianismo no ano 681. No ano 661, Æthelwealh recibiu os territorios de Meonwara, actualmente Hampshire, e a Illa de Wight do seu padriño, Wulfhere, rei de Mercia. Æthelwealh foi asasinado ao redor de 685 por Cædwalla, naquela época príncipe de Gewisse, no actual Oxfordshire, que estivera actuando como bandido en Sussex.

Toda a información coñecida acerca del provén de breves mencións na Vida de Wilfrid, de Estevo de Ripon, a Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda, e a Crónica anglosaxoa. Æthelwealh foi o terceiro gobernante do que se ten rexistro dos saxóns do Sur en Sussex.

Algúns historiadores consideran que Æthelwealh foi instalado por Penda en 645, cando Cenwalh foi expulsado do seu reino por Penda por se ter divorciado da súa irmá. Cenwalh privara á irmá de Penda do seu status real, e como xusta recompensa, cando Penda invadiu Wessex privaría a Cenwalh da súa condición de rei en Sussex.

Æthelwealh converteuse ao cristianismo durante a súa estancia en Mercia, onde o seu rei Wulfhere, foi o seu padriño de bautismo. Nesa época a xente de Sussex eran pagáns.

En 661, Wulfhere entregou a Æthelwealh os territorios de Meonwara e a Illa de Wight.

Æthelwealh casou con Eafe (tamén escrito Eabae ou Ebba), filla de Eanfrith (Eanfrid ou Eanfridi), un gobernante do reino cristián dos Hwicce.

Wilfrid, o bispo exiliado de York, chegou a Sussex en 681 e converteu á súa poboación ao cristianismo coa aprobación de Æthelwealh. Æthelwealh entregou a Wilfrid terreos en Selsey onde fundou a abadía de Selsey. Wilfrid, no entanto, coñeceu a Caedwalla, un príncipe de Gewisse que vivía como bandido en Sussex, co que chegou a un acordo para apoiarse mutuamente. Segundo Beda, en 686, Cædwalla invadiu Sussex e matou a Æthelwealh. Cædwalla foi entón expulsado por dous dos ealdormen de Æthelwealh, Berhthun e Andhun. Cando Cædwalla se converteu en rei dos saxóns do oeste, ao ano seguinte, conquistou Sussex e parece nomear a Ecgwald como vicerrei (segundo proba documental).

Segundo a tradición, Cædwalla invadiu Sussex e enfrontouse a Æthelwealh en South Downs xusto ao sueste de Stoughton, preto da fronteira con Hampshire, onde Æthelwealh foi vencido e morto[1]. Segundo a mesma tradición, Æthelwealh xace enterrado no túmulo sur.

Notas editar

  1. Alec Hamilton-Barr.