Aethelred II de Northumbria

Aethelred II foi rei de Northumbria nun período impreciso que podería ir desde 854 ao 862, cunha interrupción no ano 858. A primeira vez que chegou ao poder foi, en substitución do seu pai Eanred.

Infotaula de personaAethelred II de Northumbria
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Morte848 Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
858 (Gregoriano) – 862 (Gregoriano)
← Raedwulf de NorthumbriaOsberht de Northumbria →
Rei de Northumbria
854 (Gregoriano) – 858 (Gregoriano)
← Eanred de NorthumbriaRaedwulf de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEcgberht I de Northumbria Editar o valor em Wikidata
PaiEanred de Northumbria Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hai pouca información sobre o seu reinado. Parece que foi expulsado en favor de Raedwulf, cuxo reinado é confirmado polo moedas atopadas. Este, con todo, tivo un curto período de reinado, xa que morreu en batalla contra os viquingos e, a continuación, Aethelred recuperou o trono. Aethelred foi asasinado poucos anos máis tarde, pero non se coñecen os detalles deste feito[1].

A datación do seu reinado é moi problemática. Segundo a bibliografía antiga, foi destituído no ano 844 e asasinado en 849, pero recentes interpretación da cronoloxía dos reis northumbrianos do século IX, en base a probas numismáticas, poñen o inicio do seu reinado sobre o ano 854, a súa expulsión sobre o ano 858, e o seu asasinato sobre o 862[2].

As novas moedas (styca) que se cuñaron durante o reinado de seu pai, estaban feitas dunha aliaxe de baixo contido en prata e moito de cinc, e continuáronse facendo durante o seu reinado. Atopamos grandes cantidades delas, algunhas das cales levan o nome dun cuñador chamado Eardwulf, que en antigas obras de numismática foi confundido co avó deste rei, Eardwulf.[3][4].

Æthelred II foi sucedido por Osberht.

Referencias editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar