Aeroporto de Vaasa

O aeroporto de Vaasa (IATA: VAAOACI: EFVA) é un aeroporto finés situado a uns 9 quilómetros ao sueste do centro da cidade de Vaasa. É o sexto máis grande de Finlandia en termos de pasaxeiros. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 300 118 pasaxeiros.[1] As aeroliñas regulares do aeroporto de Vaasa son Finnair e Scandinavian Airlines. O aeroporto tamén opera voos chárter con destinos en Bulgaria, as Illas Canarias, Grecia, España, Turquía e Tailandia.

Aeroporto de Vaasa
Vaasan lentoasema
Vasa flygplats

IATA: VAA – ICAO: EFVA
Sumario
Tipo público
Operador Finavia
Localización Vaasa, Finlandia
Elevación (msnm) 6 metros / 21 pés
Coordenadas Coordenadas: 63°02′43″N 21°45′51″L / 63.045277777778, 21.764166666667
Web finavia.fi/fi/lentoasemat/vaasa
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 2 500 8 202 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 300 118

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Chania
Finnair Helsinqui
Finnair
operado por Nordic Regional Airlines
Helsinqui, Kokkola, Umeå
Scandinavian Airlines
operado por Braathens Regional Airways
Estocolmo-Arlanda
Thomas Cook Airlines Scandinavia Estacional: Ámsterdam, Gran Canaria

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Finavia (ed.). "Passengers 2017" (PDF). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.