Aeroporto de Trondheim, Værnes

O aeroporto de Trondheim, Værnes (IATA: TRDOACI: ENVA) é un aeroporto internacional que serve a Trondheim, unha cidade e municipio no condado de Sør-Trøndelag, en Noruega. Está situado en Værnes, unha vila no municipio de Stjørdal, no condado de Nord-Trøndelag, a 19 quilómetros ao leste de Trondheim. Operado pola compañía estatal Avinor, comparte instalacións coa Estación Aérea de Værnes da Real Forza Aérea de Noruega. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 4 428 897 pasaxeiros, sendo o cuarto máis concorrido do país.[1] O aeroporto ten dúas terminais; unha data de 1994 e úsase para o tráfico doméstico, mentres que a outra é a renovación da antiga terminal principal de 1982 usada para voos internacionais.

Aeroporto de Trondheim, Værnes
Trondheim lufthavn, Værnes

IATA: TRD – ICAO: ENVA
Sumario
Tipo público/militar
Operador Avinor
Cidade/Illa Trondheim
Localización Værnes
Elevación (msnm) 17 metros / 56 pés
Coordenadas Coordenadas: 63°27′27″N 10°55′27″L / 63.4575, 10.924166666667
Web avinor.no
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 2 999 9 839 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 4 428 897[1]

As principais aeroliñas no aeroporto son Scandinavian Airlines (SAS), Norwegian Air Shuttle e Widerøe; as tres compañías teñen Trondheim como unha cidade foval. A principal ruta é o servizo cara a Oslo, operado tanto por SAS como por Norwegian, sendo a décima ruta máis concorrida de Europa. Ámbalas dúas aeroliñas operan servizos usando tamén o Boeing 737 cara a Bergen, Bodø e Tromsø. SAS ten algúns servizos domésticos adicionais, mentres que Norwegian ten varias rutas internacionais de baixa frecuencia no aeroporto. Widerøe opera o avión rexional Dash 8 cara seis aeroportos en Helgeland, ademais de voar tamén a Sandefjord. Krohn Air proporciona servizos cara Molde. Trondheim ten servizos internacionais diarios cara Copenhague proporcionados por SAS, e cara Ámsterdam operados por KLM. O aeroporto tamén opera voos chárter, principalmente cara ao Mediterráneo.

Værnes foi posto en uso polo exército de Noruega no ano 1887. O primeiro voo realizouse en 1914 e pouco a pouco foron construíndo as instalacións do aeródromo. As primeiras instalacións de certa consideración, entre as que había tres pistas de cemento, foron construídas pola Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. Tras a guerra a Escola de Pilotos da Forza Aérea trasladouse a Værnes, aínda que en 1954 a meirande parte das outras actividades da forza aérea no centro de Noruega trasladáronse á base aérea de Ørland. A aviación civil comezou en 1951, cando a metade dos barracóns foron collidos para ser usados como terminal; a totalidade do edificio sería usado dende 1958. Os reactores comezaron a operar en Værnes en 1963, e a segunda terminal inaugurouse en 1965. A terceira terminal (a actual terminal internacional B) abriuse en 1985 e a cuarta, a terminal A, en 1994, xunto coa estación de ferrocarril.

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Estacional: Rodas
Air Europa Estacional: Barcelona, Palma de Mallorca
AlbaStar Estacional: Barcelona
Atlantic Airways Estacional: Vágar
Balkan Holidays Airlines Estacional: Burgas
Corendon Airlines Estacional: Antalya
Evelop Airlines Estacional: Las Palmas, Palma de Mallorca
FlyViking Bodø, Stokmarknes, Tromsø
Freebird Airlines Estacional: Antalya
Jet Time Estacional: Catania, Lanzarote
Iberia Estacional: Barcelona, Madrid
Iberia Express Estacional: Madrid
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Nordica
operado por LOT Polish Airlines
Talín
Norwegian Air Shuttle Alacant, Bergen, Harstad/Narvik, Cracovia, Londres-Gatwick, Málaga, Oslo-Gardermoen, Riga, Tromsø
Estacional: Antalya, Barcelona, Chania, Dubrovnik, Las Palmas, Menorca, Murcia, Niza, Palma De Mallorca, Pula, Rodas, Split, Tenerife-Sur
Scandinavian Airlines Bergen, Bodø, Copenhague, Kristiansand (comeza en marzo de 2018), Oslo-Gardermoen, Stavanger, Estocolmo-Arlanda, Tromsø, Ålesund
Estacional: Alacant, Málaga
Scandinavian Airlines
operado por CityJet
Bergen, Oslo-Gardermoen, Stavanger, Estocolmo-Arlanda, Ålesund
Estacional: Bodø, Copenhague, Tromsø
Scandinavian Airlines
operado por Flybe
Estacional: Estocolmo-Arlanda
SunExpress Estacional: Antalya
Thomas Cook Airlines Scandinavia Estacional: Antalya, Burgas, Chania, Las Palmas, Palma De Mallorca, Rodas, Split, Varna
Vueling Estacional: Barcelona
Widerøe Ålesund, Bodø, Brønnøysund, Copenhague, Harstad/Narvik, Kristiansand, Kristiansund, Mo i Rana, Molde, Mosjøen, Namsos, Rørvik, Sandefjord, Sandnessjøen, Tromsø
Estacional: Oslo-Gardermoen
Wamos Air Chárter: Madrid
Wizz Air Gdańsk

Carga editar

Aeroliñas Destinos
West Air Sweden
operando para Posten Norge
Oslo-Gardermoen
Benair Norway
operando para DHL Aviation
Oslo-Gardermoen

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Avinor (ed.). "Statistics". Consultado o 15 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar