Aeroporto de Pokhara

O Aeroporto de Pokhara (IATA: PKROACI: VNPK), é un aeroporto rexional que presta servizo á cidade de Pokhara no Nepal. Foi inaugurado o 4 de xullo de 1958, e é operado polo Goberno (Autoridade de Aviación Civil do Nepal). Ofrece conexións regulares con Kathmandú e Jomsom, e temporais a Manang.

Aeroporto de Pokhara


Torre de control do aeroporto de Pokhara

IATA: PKR – ICAO: VNPK
Sumario
Tipo Público
Operador Civil Aviation Authority of Nepal (CAAN)
Cidade/Illa Pokhara
Elevación (msnm) 827 metros / 2 712 pés
Coordenadas Coordenadas: 28°12′03″N 83°58′55″L / 28.200833333333, 83.981944444444
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
04/22 1 433 4 701 Asfalto
Fontes: Civil Aviation Authority of Nepal (CAAN)[1] e DAFIF[2]

Sitúase a tan só 2 km do centro da cidade, polo que é posible acceder a pé desde moitas zonas da mesma. A maioría de turistas estranxeiros que chegan a Pokhara fano a través deste aeroporto, en conexión desde o Aeroporto Internacional de Kathmandú.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Buddha Air Katmandú, Bharatpur, Siddharthanagar [3]
Gorkha Airlines Jomsom, Katmandú
Nepal Airlines Jomsom, Katmandú, Manang[4]
Sita Air Jomsom, Katmandú[5]
Simrik Airlines Jomsom, Katmandú[6]
Tara Air Jomsom, Katmandú[7]
Yeti Airlines Katmandú[8]

Accidentes e incidentes editar

  • O 6 de novembro de 1997: Un Avro 748-100 (9N-ACM) de Necon Air, nun voo procedente de Kathmandú, sufriu un fallo no sistema hidráulico ao aterrar no aeroporto de Pokhara e saíuse da pista. O piloto dirixiu o avión de volta á pista despois de 100 m, mais golpeou outro Avro 748 (9N-ACW), de Nepal Airways), que estaba estacionado. Non houbo vítimas mortais entre os 44 pasaxeiros e 4 tripulantes.[9]
  • O 22 de agosto de 2002: Un De Havilland Canada DHC-6 Twin Otter 300 de Shangri-La Air, nun voo de Jomsom a Pokhara, estrelouse nun outeiro que estaba cuberto polas nubes tras 3 días de choiva continua. Finaron os 3 tripulantes e os 15 pasaxeiros.[10]

Notas editar

  1. Pokhara Airport en Civil Aviation Authority of Nepal
  2. Great Circle Mapper
  3. "Flight Schedule". Buddha Air. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2010. Consultado o 20 December 2010. 
  4. "Schedule Effective from 15 May 2010 to 30 October 2010". Nepal Airlines. Consultado o 7 June 2010. 
  5. "Destinations". Sita Air. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 6 June 2010. 
  6. "Flight Schedule". Simrik Airlines. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 15 October 2017. 
  7. "Flight Schedule". Tara Air. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 20 December 2010. 
  8. "Scheduled flights". Yeti Airlines. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2010. Consultado o 6 June 2010. 
  9. "Red de Seguridad Aérea.". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2011. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 
  10. "Red de Seguridad Aérea.". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar