Aeroporto de Oulu

O aeroporto de Oulu (IATA: OULOACI: EFOU) é un aeroporto que serve a Oulu. Está situado a 10,6 quilómetros ao suroeste do centro da cidade. É o segundo aeroporto máis concorrido de Finlandia despois do de Helsinqui-Vantaa en termos de pasaxe, con 923 246 pasaxeiros no ano 2017.[1] Opera ao redor de 20 voos diarios a Helsinqui e tamén é usado pola Forza Aérea de Finlandia para o adestramento dos seus pilotos. A vella terminal foi recentemente demolida para ter máis espazo na plataforma de estacionamento e unha ampliación da terminal principal foi completada en setembro de 2011. Nela instaláronse catro novas pasarelas de embarque e a súa superficie aumentou en 4 300 metros cadrados, aumentando a súa capacidade a 1,5 millóns de pasaxeiros anuais. O aeroporto está operado pola compañía pública Finavia.

Aeroporto de Oulu
Oulun lentoasema
Uleåborgs flygplats

IATA: OUL – ICAO: EFOU
Sumario
Tipo público
Operador Finavia
Cidade/Illa Oulu
Localización Oulunsalo
Elevación (msnm) 14 metros / 47 pés
Coordenadas Coordenadas: 64°55′45″N 25°21′20″L / 64.929166666667, 25.355555555556
Web www.finavia.fi
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 501 8 205 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 923 246

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Chania
Finnair Helsinqui
Estacional: Chania, Gazipaşa, Palma de Mallorca (comeza en xuño de 2018)
Finnair
operado por Nordic Regional Airlines
Helsinqui
Jet Time Chárter: Gran Canaria, Vilnius
Nextjet Gotemburgo, Luleå, Sundsvall, Tromsø
Norwegian Air Shuttle Helsinqui
Estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur
Primera Air Chárter estacional: Funchal-Madeira, La Palma

Notas editar

  1. Finavia (ed.). "Passengers 2017" (PDF). Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar