Aeroporto de Luleå

O aeroporto de Luleå (IATA: LLA, ICAO: ESPA) é un aeroporto sueco situado a 7 km ao sueste da cidade de Luleå, preto da vila de Kallax. No ano 2016 tivo un total de 1 197 014 pasaxeiros,[1] sendo o quinto aeroporto máis concorrido de Suecia. É o aeroporto máis grande do norte do país e a súa pista tamén é usada pola base da forza aérea F 21 Luleå.

Aeroporto de Luleå

IATA: LLA – ICAO: ESPA
Sumario
Tipo militar/público
Operador Swedavia
Cidade/Illa Luleå
Elevación (msnm) 20 metros / 65 pés
Coordenadas Coordenadas: 65°32′37″N 22°07′19″L / 65.543611111111, 22.121944444444
Web https://www.swedavia.com/lulea/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
14/32 3 350 10 990 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 1 197 014

Historia editar

O aeroporto comezou como o aeródromo militar F 21 Luleå en 1941 e posteriormente abriu ao tráfico civil cara Estocolmo o 11 de setembro de 1944.[2] As operacións invernais comezaron no ano 1948 cando se construíu un hangar e as luces da pista estiveron operativas. Os voos chárter internacionais iniciáronse en 1969. A terminal actual inaugurouse en 1984. Dende os anos 80 o número de pasaxeiros reducíse substancialmente en todo o país, pero no ano 1991 acadouse a cifra dun millóns de pasaxeiros en Luleå, número que volvería a repetirse en 2011. No ano 1999 ampliouse a pista de aterraxe do aeroporto ata acadar os 3 350 metros para voos de carga, pero este feito non significou un incremento no tráfico. No ano 2016 polas instalacións do aeroporto pasaron un total de 1 197 014 pasaxeiros.[3]

Aeroliñas e destinos editar

 
Boeing 737 de Scandinavian Airlines estacionado no aeroporto
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Chania, Rodas
Corendon Airlines Chárter estacional: Antalya
Freebird Airlines Chárter estacional: Antalya
Jet Time Chárter estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur
Jonair Pajala
Nextjet Gotemburgo, Oulu, Sundsvall, Tromsø
Norwegian Air Shuttle Estocolmo-Arlanda
Onur Air Chárter estacional: Bodrum
Scandinavian Airlines Estocolmo-Arlanda, Gotemburgo[4]
Chárter estacional: Antalya, Fuerteventura, Lárnaca, Palma de Mallorca, Rodas, Samos
Scandjet
operado por Adria Airways
Chárter estacional: Split
Scandjet
operado por Enter Air
Chárter estacional: Zadar
SunExpress Chárter estacional: Antalya, Esmirna
Thomas Cook Airlines Scandinavia Chárter estacional: Gran Canaria, Rodas
TUIfly Nordic Chárter estacional: Puerto Plata, Cancún

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Transport Styrelsen (ed.). "Estadísticas 2016". Consultado o 1 de setembro de 2017. 
  2. Swedavia (ed.). "About the airport". Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  3. Transport Styrelsen (ed.). "Estadísticas 2016". Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  4. http://airlineroute.net/2014/10/08/sk-llaume-dec14/