Aeroporto de Logroño-Agoncillo

Coordenadas: 42°27′37″N 2°19′13″O / 42.460277777778, -2.3202777777778

O Aeroporto de Logroño-Agoncillo é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Agoncillo, 14 km ao leste do centro urbano da cidade de Logroño.

Aeroporto de Logroño-Agoncillo

IATA: RJL – ICAO: LERJ
Sumario
Tipo público
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 asfalto

As orixes do aeroporto remóntanse á base militar de Recajo, unha base aérea secundaria construída entre 1924 e 1928. Por entón, o campo de voos era de 1.000 metros de longo e 600 de ancho. O 5 de febreiro de 1932, cámbiase o seu nome polo de Aeródromo de Agoncillo. En 1946 ábrese ao tráfico aéreo civil, con todo, e ata data recente, o seu uso como tal foi bastante moderado, exceptuando as operacións do Aeroclub de Logroño.

En 1996, o Goberno da Rioxa decide impulsar a creación do aeroporto de Logroño. É o 21 de setembro de 1998 cando culminan eses esforzos, declarándose o aeroporto de Logroño-Agoncillo como "aeroporto de interese xeral" e poñendo en marcha os proxectos necesarios para a súa reforma, ata a súa inauguración en maio de 2003, logo dun investimento de 17 930 000 euros.

É un dos aeroportos españois con menor tráfico aéreo, xestionando en 2005 36.560 pasaxeiros e 3.061 operacións. En 2006 houbo 55.469 pasaxeiros, cun incremento con respecto ao ano anterior dun 41,7%, e as operacións foron 3.334, un 8% máis. En 2010, o aeroporto deu servizo a un total de 24.522 pasaxeiros debido á eliminación da ruta a Barcelona. En 2012, só houbo 19.263 pasaxeiros e 2.630 operacións.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid
Estacional: Palma de Mallorca

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar