Aeroporto de Erfurt/Weimar

O aeroporto de Erfurt-Weimar (IATA: ERF, ICAO: EDDE) é un aeroporto que serve a Erfurt, a capital do estado alemán de Turinxia, e á cidade próxima de Weimar, que forman a meirande parte da área metropolitana central do estado. O aeroporto sitúase a 5 km ao oeste do centro de Erfurt e opera principalmente voos chárter estacionais a destinos turísticos europeos.

Aeroporto de Erfurt-Weimar
Flughafen Erfurt–Weimar

IATA: ERF – ICAO: EDDE
Sumario
Tipo público
Operador Flughafen Erfurt GmbH
Cidade/Illa Erfurt e Weimar
Localización Erfurt
Elevación (msnm) 316 metros / 1 036 pés
Coordenadas Coordenadas: 50°58′47″N 10°57′29″L / 50.979811111111, 10.958105555556
Web https://www.flughafen-erfurt-weimar.de/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 2 600 8 530 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 235 331

Historia editar

A senu nome foi aeroporto de Erfurt ata o ano 2011, engadíndose a denominación de Weimar xa que se pensou que sería bo a nivel promocional debido á súa importancia histórica.

A pesar da súa importancia como capital do estado e a súa situación céntrica dentro de Alemaña, o aeroporto non conta con voos domésticos. A única ruta interna que tiña cara ao aeroporto de Múnic, ofrecida por Cirrus Airlines, cesou en marzo de 2012.[1] Porén, a cidade converteuse nun dos principais centros de conexión ferroviario de longa distancia do país en 2017, cando no mes de xuño inaugurouse a liña de alta velocidade entre Múnic e Berlín e que se une á liña entre Frankfurt e Dresde na estación de Erfurt.[2] Como resultado, é posible chegar a Frankfurt, Berlín e Múnic en dúas hora, facendo innecesarios os voos domésticos.[3]

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Bulgarian Air Charter Chárter estacional: Burgas, Varna
Corendon Airlines Estacional: Antalya
FlyEgypt Chárter estacional: Hurghada
Germania Antalya, Fuerteventura, Gran Canaria, Hurghada, Tenerife-Sur
Estacional Corfú, Faro, Funchal, Heraclión, Cos, Málaga, Palma de Mallorca, Paphos, Rodas, Tesalónica (comeza en maio de 2018)
Onur Air Estacional: Antalya
Pegasus Airlines Estacional: Antalya
Turkish Airlines Chárter estacional: Antalya

Carga editar

Aeroliñas Destinos
ASL Airlines Belgium Liexa, Katowice

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Thüeringer Allgemeine (ed.). "Cirrus-Airline will Fluglinie Erfurt - München einstellen". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  2. The Local (ed.). "New high-speed train from Berlin to Munich makes 'historic' maiden journey". Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  3. Ice-knoten (ed.). "Erfurt, die Landeshauptstadt Thüringens, wird zur schnellen Mitte Deutschlands". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017.