Aeroporto de Córdoba, España

O Aeroporto de Córdoba é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 6 km ao suroeste da cidade de Córdoba.

Aeroporto de Córdoba
Aeropuerto de Córdoba

IATA: ODB – ICAO: LEBA
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Operador AENA
Cidade/Illa Córdoba
Localización Córdoba
Elevación (msnm) 90 metros / 296 pés
Coordenadas Coordenadas: 37°50′31″N 4°50′56″O / 37.842005, -4.848878

O aeroporto conta cunha única pista, de 2 285 por 60 metros, e unha plataforma de 31 022 metros cadrados. A terminal de pasaxeiros está situada na planta baixa do edificio principal e inclúe a zona de saídas, chegadas, cafetería, servizos e oficinas de administración. O aeroporto dispón tamén dun edificio de servizos e dunha zona de aviación xeral, que conta con almacéns e oficinas.

Durante un curto período, en 2008, Flysur Aerolíneas de Andalucía voou desde este aeroporto a Vigo, Barcelona e Bilbao, sendo as únicas liñas regulares que operaron nel en moito tempo. Na actualidade, non existen aeroliñas que operen no aeroporto.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar