Aeroporto da cidade de Toronto Billy Bishop

O aeroporto da cidade de Toronto Billy Bishop (IATA: YTZOACI: CYTZ) é un pequeno aeroporto internacional canadense situado nas illas de Toronto, en Toronto, Ontario. Tamén é coñecido como aeroporto das illas de Toronto e anteriormente era coñecido como aeroporto Port George VI Island e aeroporto Toronto City Centre; o último nome aínda pode atoparse en sinais preto das súas instalacións. Está bautizado na honra de Billy Bishop, o as canadense da primeira guerra mundial e receptor da Cruz Victoria e Mariscal do Aire durante a segunda guerra mundial. É usado por aviación civil, ambulancias aéreas e aeroliñas rexionais usando avións turbohélices. No ano 2016 foi o noveno aeroporto máis concorrido do Canadá e o terceiro de Ontario en número de pasaxeiros.[1]

Aeroporto da cidade de Toronto Billy Bishop
Billy Bishop Toronto City Airport

IATA: YTZ – ICAO: CYTZ
Sumario
Tipo público
Operador PortsToronto
Cidade/Illa Toronto
Localización Illas de Toronto
Elevación (msnm) 77 metros / 252 pés
Coordenadas Coordenadas: 43°37′39″N 79°23′46″O / 43.6275, -79.396111111111
Web billybishopairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 750 2 460 asfalto
08/26 1 216 3 988 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 2 700 000

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Air Canada Express Montreal-Trudeau
FlyGTA Airlines Barrie-Orillia/Lake Simcoe,[2] St. Catharines/Niagara,[3] Kitchener/Waterloo[4]
Pascan Aviation Montreal/Saint-Hubert
Porter Airlines Boston, Chicago-Midway, Fredericton, Halifax, Montreal-Trudeau, Newark, Otava, Quebec, Saint John, Sault Ste. Marie, San Xoán de Terra Nova (NL), Sudbury, Thunder Bay, Timmins, Washington-Dulles, Windsor
Estacional: Burlington (VT), Mont Tremblant, Myrtle Beach, Orlando/Melbourne

Notas editar

  1. Statistics Canada (ed.). "Aircraft movements". Consultado o 25 de abril de 2018. 
  2. CTV News (ed.). "Airline to start offering flights from Barrie area to Toronto". Consultado o 25 de abril de 2018. 
  3. Global News (ed.). "New flight service between Toronto and Niagara slow to take off". Consultado o 25 de abril de 2018. 
  4. CTV News (ed.). "Toronto-Waterloo Region flights to start in November". Consultado o 25 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar