Aeroporto Mohamed Boudiaf

O aeroporto internacional Mohamed Boudiaf (IATA: CZLOACI: DABC) (IATA: CZL, ICAO: DABC), é un aeroporto en Alxeria situado a uns 9 quilómetros ao sur da cidade de Constantina.

Aeroporto Mohamed Boudiaf
IATA: CZL – ICAO: DABC
Sumario
Tipo público
Operador EGSA-Constantine
Cidade/Illa Constantina
Elevación (msnm) 706 metros / 2 316 pés
Coordenadas Coordenadas: 36°16′57″N 6°37′01″L / 36.282417, 6.617056
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
14/32 2 400 7 874 asfalto
16/34 3 000 9 843 asfalto

Historia editar

A aeroporto foi construído en 1943 como o aeródromo de Constantina polo Exército dos Estados Unidos de América durante a campaña do Norte de África da segunda guerra mundial. Usouse principalmente como un depósito de mantemento e provisións para o Mando se Servizo Aéreo Técnico e tamén serviu como cuartel xeral para o XII Mando de Bombardeiros. Foi tamén utilizado como posto de mando para o Mando das Forzas Aliadas (AFHQ) para as forzas de terra da Francia Libre, o Reino Unido e os Estados Unidos en Alxeria en febreiro de 1943, baixo o mando do xeneral Sir Harold R. L. G. Alexander, para coordinar as accións do Primeiro Exército estadounidense que avanzaban dende o oeste e do Oitavo Exército británico avanzando dende o leste contra os Afrika Korps alemáns. En 1944 foi entregado ao goberno de Alxeria e foi utilizado ocasionalmente por avións do Mando de Transporte Aéreo ata o final da guerra.

O aeroporto recibiu o nome do presidente Mohamed Boudiaf. Boudiaf, tamén chamado Si Tayeb el Watani, foi un líder político arxelino e un dos fundadores do revolucionario Fronte de Liberación Nacional (FLN), que liderou a Guerra de Independencia de Alxeria entre 1954 e 1962.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Aigle Azur Basilea, Lión, Marsella, París-Orly
Air Algérie Adrar, Alxer, Basilea, Béchar, Ghardaia, Hassi Messaoud, Istanbul-Atatürk, Lión, Marsella, Niza, Orán, Ouargla, París-Charles de Gaulle, París-Orly, Tamanrasset, Tindouf
Estacional: Metz/Nancy, Tolosa
Tassili Airlines Alxer, Hassi Messaoud, Estrasburgo[1]
TUIfly Belgium Charleroi[2]
Tunisair Tunes
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk

Notas editar

  1. Routes Online (ed.). "Tassili Airlines Adds New French Routes from June 2016" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  2. TUIfly (ed.). "Vuelos a Constantina". Consultado o 14 de xaneiro de 2018.