Aeroporto Daniel K. Inouye

O aeroporto internacional Daniel K. Inouye (IATA: HNLOACI: PHNL), tamén coñecido como aeroporto internacional de Honolulu, é a principal porta de entrada por aire á cidade e condado de Honolulu, no estado de Hawai. É un dos aeroportos máis concorridos dos Estados Unidos, con 19 950 125 pasaxeiros no ano 2016.[1]

Aeroporto Daniel K. Inouye
Daniel K. Inouye International Airport
Kahua Mokulele Kauʻāina o Honolulu

IATA: HNL – ICAO: PHNL – FAA: HNL – LID: HNL
Sumario
Tipo público/militar
Propietario Estado de Hawai
Operador Department of Transportation
Localización Honolulu
Elevación (msnm) 4 metros / 13 pés
Coordenadas Coordenadas: 21°19′07″N 157°55′21″O / 21.318611, -157.9225
Web http://airports.hawaii.gov/hnl
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
4L/22R 2 119 6 952 asfalto
4R/22L 2 743 9 000 asfalto
4W/22W 914 3 000 auga
8L/26R 3 753 12 312 asfalto
8R/26L 3 658 12 000 asfalto
8W/26W 1 524 5 000 auga
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 19 950 125[1]

O aeroporto foi bautizado na honra do senador e receptor da Medalla de Honra Daniel K. Inouye, que representou a Hawai dende 1963 ata a súa morte en 2012. Está situado a 5 quilómetros ao noroeste do distrito financeiro de Honolulu.

O aeroporto serve como centro de conexións principal de Hawaiian Airlines, a aeroliña máis grande baseada en Hawai. Hawaiian Airlines ofrece voos entre os distintos aeroportos das illas de Hawai e tamén voa cara Estados Unidos, Australia, Nova Zelandia, Samoa Americana, Tahití, Xapón, China, Filipinas e Corea do Sur.

Tamén é a base de Aloha Air Cargo, que anteriormente ofrecía servizos de carga e pasaxeiros baixo o nome de Aloha Airlines. A aeroliña cesou as súas operacións de pasaxeiros o 31 de marzo de 2008 e vendeu os seus servizos de carga á compañía de Seattle Saltchuk Resources, Inc.

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
AirAsia X Kuala Lumpur-Internacional, Osaca-Kansai
Air Canada Vancouver
Estacional: Toronto-Pearson
Air China Pequín-Capital
Air New Zealand Auckland
Alaska Airlines Anchorage, Os Ánxeles (comeza en abril de 2018),[2] Oakland, Portland (OR), San Diego, San Francisco (comeza en abril de 2018),[2] San José (CA), Seattle/Tacoma
All Nippon Airways Toquio-Haneda, Toquio-Narita
American Airlines Dallas/Fort Worth, Os Ánxeles, Phoenix-Sky Harbor
Asiana Airlines Seul-Incheon
Boyd Vacations Hawaii Chárter: Las Vegas[3]
China Airlines Taipei-Taoyuan, Toquio-Narita
China Eastern Airlines Shanghai-Pudong
Delta Air Lines Atlanta, Fukuoka, Os Ánxeles, Minneapolis/St. Paul, Nagoia-Centrair, Osaca-Kansai, Salt Lake City, Seattle/Tacoma, Toquio-Narita
Estacional: Las Vegas, Nova York-JFK, Portland (OR), San Francisco
Fiji Airways Apia-Faleolo, Kiritimati, Nadi
Hawaiian Airlines Auckland, Pequín-Capital, Brisbane, Hilo, Kahului, Kapalua, Kailua-Kona, Lanai, Lihue, Las Vegas, Long Beach (comeza en maio de 2018),[4] Os Ánxeles, Molokai, Nova York-JFK, Oakland, Osaca-Kansai, Pago Pago, Papeete, Phoenix-Sky Harbor, Portland (OR), Sacramento, San Diego, San Francisco, San José (CA), Sapporo-Chitose, Seattle/Tacoma, Seul-Incheon, Sydney, Toquio-Haneda, Toquio-Narita
Japan Airlines Nagoia-Centrair, Osaca-Kansai, Toquio-Narita
Jetstar Airways Melbourne, Sydney
Jin Air Seul-Incheon
Korean Air Seul-Incheon, Toquio-Narita
Mokulele Airlines Kahului, Kailua-Kona, Kalaupapa, Kapalua, Molokai
Philippine Airlines Manila
Qantas Sydney
Scoot Osaca-Kansai, Singapur
Sun Country Airlines Estacional: Os Ánxeles (comeza en maio de 2018)[5]
United Airlines Chicago-O'Hare, Chuuk, Denver, Guam, Houston-Intercontinental, Kosrae, Kwajalein, Os Ánxeles, Majuro, Newark, Pohnpei, San Francisco, Toquio-Narita, Washington-Dulles
WestJet Vancouver
Estacional: Calgary

Carga editar

Aeroliñas Destinos
Aloha Air Cargo Hilo, Kahului, Kailua-Kona, Lihue, Las Vegas, Os Ánxeles
Asia Pacific Airlines Guam, Kiritimati, Kwajalein, Majuro, Pago Pago, Pohnpei
Corporate Air Kalaupapa, Kamuela, Kapalua, Lanai, Lihue, Molokai
DHL Aviation Cincinnati, Sydney
FedEx Express Auckland, Os Ánxeles, Memphis, Oakland, Ontario, Sydney
Transair Hilo, Kahului, Kailua-Kona, Lihue, Molokai, Lanai, Waimea–Kohala
UPS Airlines Guam, Hong Kong, Long Beach, Louisville, Kahului, Kailua-Kona, Ontario, Phoenix, San Diego, Seul-Incheon, Sydney

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Department of Transportation Hawaii (ed.). "Airport Activity Statistics" (PDF). Consultado o 9 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Flight Global (ed.). "Virgin America flights become Alaska next April". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  3. Vacations Hawaii (ed.). "Flight Schedule". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2017. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  4. Routes Online (ed.). "Hawaiian Airlines plans Long Beach late-May 2018 launch". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  5. Pacific Business News (ed.). "Minnesota-based airline launching service to Hawaii". Consultado o 9 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar