Aeroporto Augusto C. Sandino

O aeroporto internacional Augusto C. Sandino (IATA: MGAOACI: MNMG) é o principal aeroporto en Managua, capital de Nicaragua. Foi bautizado na honra do revolucionario nicaraguano Augusto César Sandino e está situado no Distrito 6 da cidade. Orixinalmente chamouse aeroporto Las Mercedes en 1968 e cambióuselle o nome ao actual durante o goberno sandinista nos anos 80. En 2001 o presidente Arnoldo Alemán volveu cambiar o nome e coñeceuse como aeroporto internacional de Managua. En febreiro de 2007 o presidente Daniel Ortega cambiouno novamente para o presente nome.[2]

Aeroporto Augusto C. Sandino
Aeropuerto Internacional Augusto C. Sandino

IATA: MGA – ICAO: MNMG
Sumario
Tipo público/militar
Propietario Goberno de Nicaragua
Operador EAAI
Cidade/Illa Managua
Elevación (msnm) 59 metros / 194 pés
Coordenadas Coordenadas: 12°08′30″N 86°10′08″O / 12.141666666667, -86.168963888889
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 2 442 8 012 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 1 533 034[1]

O aeroporto ten unha pista de aterraxe alternativa no aeroporto de Punta Huete. Punta Huete foi deseñado para avións máis grandes, porén, esta pista non ten servizos comerciais. O aeroporto está operado pola compañía estatal Empresa Administradora de Aeropuertos Internacionales (EAAI).

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Aeroméxico Cidade de México
Air Transat Estacional: Montreal-Trudeau, Toronto-Pearson
American Airlines Dallas/Fort Worth,[3] Miami
Avianca Cidade de Guatemala, Miami, San Xosé de Costa Rica, San Salvador
Avianca Nicaragua Bluefields, Bonanza, Corn Island, Costa Esmeralda, Ometepe, Puerto Cabezas, Rosita, San Carlos, San Juan de Nicaragua, Siuna, Tegucigalpa, Waspan
Chárter: Praia de Montelimar
Copa Airlines Cidade de Guatemala, Cidade de Panamá-Tocumen, San Xosé de Costa Rica
Delta Air Lines Atlanta
Iberia Madrid (comeza en outubro de 2018)[4]
Nature Air Liberia
Spirit Airlines Fort Lauderdale
United Airlines Houston-Intercontinental
Volaris Costa Rica San Xosé de Costa Rica, San Salvador, Tijuana

Carga editar

Aeroliñas Destinos
Amerijet International Miami
UPS Airlines Miami

Notas editar

  1. Ministerio de Transporte e Infraestructura (ed.). "Anuario Estadístico de Transporte 2016" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2018. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  2. La Prensa (ed.). "Aeropuerto vuelve a ser Sandino". Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  3. Yahoo! (ed.). "American Airlines Customers Gain More Access To Mexico, The Caribbean And Latin America With Six New Routes". Archived from the original on 07 de agosto de 2015. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  4. Iberia (ed.). "Estrenamos en 2018 vuelos a San Francisco y Managua". Consultado o 9 de abril de 2018.