Aeroméxico é a aeroliña máis grande de México con sede no areoporto internacional da Cidade de México. É a única aeroliña iberoamericana con destinos en Asia e voa tamén a Estados Unidos, Canadá, iberoamericano e Europa. É membro fundador da SkyTeam Alliance.

Aeroméxico
IATA
AM
OACI
AMX
Indicativo
AEROMEXICO
Fundación15 de setembro de 1934 (como Aeronaves de México)
Inicio das operacións15 de febreiro de 1972 (como Aeroméxico)
AlianzaSkyTeam
Frota64
Destinos56
HoldingGrupo Aeroméxico
DirixentesAndrés Conesa Labastida (CEO)
Páxina web: www.aeromexico.com

Historia editar

Aeronaves de México foi fundada en 1934 por Antonio Díaz Lombardo. O primeiro avión foi un Stinson SR, tripulado polo piloto Julio Zinser, o cal protagonizou o voo inaugural na ruta Cidade de México-Acapulco o día 14 de setembro de 1934. A escaseza de avións, motores e repostos provocada pola segunda guerra mundial, obrigou a Antonio Díaz a buscar un socio no medio aeronáutico e o 30 de abril de 1941 Aeronaves de México vendeu a Pan American o 25% das súas accións.

En 1955 a empresa tiña oficinas en 21 cidades do país e dúas nos Estados Unidos. A súa frota estaba formada por 15 avións (12 eran DC-3, dous DC-4 e un C-47 cargueiro) e pouco despois incorporarían catro Convair. En 1957 obtivéronse permisos para voar as rutas Cidade de México-Nova York e Acapulco-Os Ánxeles. No mesmo ano, accionistas mexicanos recuperaron as accións en poder de Pan American e dous anos despois, o goberno federal adquiríu por decreto todas as accións e bens de Aeronaves de México.

En 1964 Aeronaves contaba con xa con 2 980 empregados e ofrecía servizo a 32 cidades da República, así como voos a cidades de Estados Unidos, Europa, Canadá e Suramérica.

En 1982, a crise económica elevou a débeda en dólares do sector aeronáutico e dificultou as operacións nesa moeda. Os pasaxeiros internacionais diminuíron un 27% e un 7% os nacionais. O 15 de abril de 1988 comezou en Aeronaves de México unha folga que derivou na quebra da empresa e a suspensión das operacións.

O 1 de outubro de 1988 naceu Aerovías de México, S.A. de C.V., conservando o nome comercial de Aeroméxico e o emblema do cabaleiro aguia. A aeroliñea comezou as súas operacións con 25 avións e un cadro de persoal duns 3 500 empregados. As prioridades da empresa foron consolidar o negocio e lograr estándares de puntualidade, confiabilidade, coidado no manexo de equipaxe e servizo, para conquistar a preferencia do público.

A mediados de 1995, despois dunha fraude de 75 millóns de dólares polo Director Xeral Gerardo de Prevoisin, Aeroméxico fíxose con parte da Corporación Internacional de Transporte Aéreo (CINTRA) xunto a Mexicana. En 1996 empezou un código compartido con Delta Air Lines e Air France, e en 2000 converteuse en membro de SkyTeam Alliance.

Frota editar

Frota de Aeroméxico en xaneiro do 2011[1].

Frota de Aeroméxico
Avión Total Pasaxeiros Rutas Notas
Boeing 737-700 28 124 México, Perú e Estados Unidos
Boeing 737-800 10
(1 pedido)
150 México e Estados Unidos
Boeing 767-200ER 4 181 Europa, Monterrey e Suramérica
Boeing 767-300ER 2 209 (18/191) Europa e Suramérica
Boeing 777-200ER 4 277 Brasil, Europa, China, Xapón e Tijuana
Boeing 787-8 (3 pedidos) Entrada en servizo no 2011
Servizos internacionais de longo alcance
McDonnell-Douglas MD-88 1

Aparellos retirados editar

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 01 de febreiro de 2011. 

Ligazóns externas editar

Páxina de Aeroméxico