Aero High foi un modelo de foguete sonda australiano de dúas etapas desenvolvido a principios dos anos 1960 e alimentado por propelente sólido.[1]

Aero High
país de orixeAustralia[1]
Tamaño
altura6,4 m[1]
diámetro0,26 m[1]
masa400 kg[1]
Etapas2[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
exitosos7[1]
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O foguete consistía nunha primeira etapa Gosling IV e unha etapa superior Vela[1] e era capaz de alcanzar unha altura de 200 km.

En total lanzáronse doce Aero High, todos en misións de aeronomía (en particular, o estudo da quimioluminiscencia na atmosfera) desde o polígono de lanzamento de Woomera, en Australia, cinco deles errados. O primeiro foi lanzado o 1 de xullo de 1964 e o último o 1 de xaneiro de 1972.[1]

Aero High foi substituído como foguete sonda polo Corella.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 Mark Wade (2011). "Aero High" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2011. 

Ligazóns externas editar