Aelle de Northumbria

rei de Northumbria a mediados do século IX

Aelle (ou Ælla), finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.

Infotaula de personaAelle de Northumbria

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Ælla II, Aelle II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 867 Editar o valor em Wikidata
York (Reino de Northumbria) Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
década de 860 – 867
← Osberht de NorthumbriaEcgberht I de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsOsberht de Northumbria Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Wessex-249

Traxectoria editar

As fontes sobre a historia de Northumbria neste período son limitadas. Hai poucos datos sobre Aelle e a datación do seu reinado é problemática. É un personaxe importante en Ragnarssona þáttr (O relato dos fillos de Ragnar).

Crónicas editar

Aelle converteuse en rei despois de que Osberht fose deposto. Isto dátase tradicionalmente no 862 ou 863, pero pode ser tan tarde como 866[1]. Case nada se sabe do reinado de Aelle. Simeón de Durham afirma que Aelle se apoderou das terras en Billingham, Ileclif, Wigeclif e Crece, que pertencían á igrexa[2]. Mentres que Aelle é descrito na maioría das fontes como un tirano, e non un rei lexítimo, unha fonte afirma que era irmán de Osberht[3]. O Grande exército pagán marchou sobre Northumbria a finais do verán de 866, apoderándose de York o 21 de novembro de 866[4]. Simeón de Durham, a Crónica anglosaxoa, Asser, e Æthelweard contan substancialmente a mesma versión do feitos pero varían os detalles. Na Historia Regum de Simeón relátase unha batalla do 21 de marzo 867, onde Osberht e Aelle atoparon a morte a mans dos viquingos[5].

Naqueles días, a nación de Northumbria expulsara violentamente do reino ao rei lexítimo da súa nación, Osberht polo seu nome, e colocárase á cabeza do reino certo tirano chamado Aelle. Cando os pagáns viñeron sobre o reino, o disenso disipouse por consello divino e a axuda dos nobres. Os reis Osberht e Aelle, despois de unir as súas forzas formaron un exército e chegaron á cidade de York; unha maioría de mariñeiros (vikingos) deron a impresión de fuxiren dos northumbrianos que se acercaban. Os cristiáns, percibindo a súa fuxida e o terror, atacaron, pero encontraron que os vikingos eran a parte máis forte. Ambos bandos loitaron con gran ferocidade e ambos reis caeron. O resto que escapou fixo a paz cos daneses.
Simeón de Durham[6]

Despois disto, os viquingos nomearon a Ecgberht para que gobernase Northumbria[7].

Sagas editar

Ragnarssona þáttr (A crónica dos fillos de Ragnar) engade unha gran cantidade de relatos interesantes da conquista viquinga de York. Asociado ao semi-lendario rei de Suecia Ragnar Lodbrok e os seus fillos, Hvitsärk, Björn Brazo de ferro, Sigurd Serpe no ollo, Ivar o Desosado, e Ubba. Segundo os relatos, Ragnar foi asasinado por Aelle, e o exército que tomou York no 866 foi dirixido polos fillos de Ragnar que vingaron a súa morte sometendo a Aelle á aguia de sangue[8]. Fontes inglesas temperás afirmaron que morreron tanto Aelle como Osberht en batalla, e as Crónicas anglosaxoas afirman que «ambos os reis foron asasinados no acto»[9].

A figura principal nos contos de vinganza é Ivar, que ás veces se asocia co líder viquingo Ímar, irmán de Amlaíb Conung, que se atopa nos anais irlandeses. Dorothy Whitelock sinala que «non é en absoluto seguro que deba ser identificado co fillo de Ragnar, o nome non é pouco común»[10]. A Crónica anglosaxoa non cita aos líderes en Northumbria, pero si declara uns anos despois que «Hingwar e Hubba» e o rei Eadmund de Anglia Oriental (San Edmundo) participaron[11]. Hubba é nomeado como líder do exército en Northumbria por Abbo de Fleury, e pola Historia de Sancto Cuthberto. Simeón de Durham enumera aos líderes do exército viquingo como «Halfdene, Inguar, Hubba, Beicsecg, Guthrun, Oscytell, Amund, Sidroc, outro duque do mesmo nome, Osbern, Frana, e Harold»[12].

No cine editar

Aelle foi interpretado por Frank Thring na película Os viquingos (1958)[13], e por Ivan Kaye na serie dramática do History Channel Viquingos (2013)[14][15].

Notas editar

  1. Kirby, p. 196.
  2. Simeón de Durham, p. 654.
  3. Kirby, p. 197.
  4. Higham, pp. 178-179; ASC s.a. 867.
  5. Datado por Simeón de Durham, p. 654.
  6. Simeón de Durham, p. 470.
  7. Higham, p.179.
  8. Whitelock, p. 225ff.
  9. ASC, s.a. 867.
  10. Whitelock, p. 227.
  11. ASC, s.a. 870.
  12. Simeón de Durham, p. 654. Whitelock, p. 227, discute os líderes do Grande Exército en varias fontes.
  13. IMDb: The Vikings: http://www.imdb.com/title/tt0052365/
  14. IMDb: Vikings: http://www.imdb.com/title/tt2306299/
  15. "Vikings Tops The Ratings With 8.3 Million Viewers". Irish Film Board. 5 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar