Advanced Research and Global Observation Satellite

Advanced Research and Global Observation Satellite, tamén coñecido polo seu acrónimo ARGOS e pola denominación P91-1[4], é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o día 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta II 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]

Advanced Research and Global Observation Satellite (ARGOS)
Representación artística do satélite ARGOS
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónUSAF
Satélite deTerra
Data de lanzamento23 de febreiro de 1999[1][2][3]
Foguete portadorDelta II 7920[2][4][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías no espazo.[2]
NSSDC ID1999-008A
Masa2720 kg[4]
Datos orbitais
Semieixo maior7207,0 km[1]
Inclinación98,9 graos[1]
Apoapse843,1 km[1]
Periapse828,9 km[1]

Características editar

ARGOS adicouse a probar novas tecnoloxías no espazo e é o membro máis grande e capaz do programa STP (Space Test Program) da USAF.[2]

O satélite leva nove cargas útiles principais e 30 experimentos[4]:

  • High Temperature Super Conducting Experiment II (HTSSE): experimento de supercondutividade a alta temperatura desenvolvido polo Laboratorio de Investigación Naval.
  • Extreme Ultraviolet Imaging Photometer (EUVIP): experimento para caracterizar o comportamento da atmosfera superior ante a radiación ultravioleta.
  • Unconventional Stellar Aspect (USA): observación en raios X de fontes brillantes, como sistemas binarios e estrelas de neutróns. As observacións, ademais da súa utilidade en astrofísica, usáronse para probar novos métodos de navegación e para facer o primeiro estudo tomográfico da atmosfera terrestre.
  • Electric Propulsion Space Experiment (ESEX): demostración dun novo sistema de propulsión eléctrico de alta potencia usando unha fonte de enerxía de 26 kilovatios e amoníaco como propelente.
  • Space Dust (SPADUS): medición da velocidade e dirección de impacto do po espacial.
  • Critical Ionization Velocity (CIV): experimento de solta de gases (xenon e dióxido de carbono) nun punto sobre a Terra correspondente á posición do telescopio de Maui para investigar procesos de ionización.
  • High Resolution Airglow / Aurora Spectroscopy (HIRAAS)
  • Global Imaging Monitor of the Ionosphere (GIMI)
  • Coherent Radio Topography Experiment (CERTO)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ARGOS" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (8 de xullo de 2011). "ARGOS" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2011. 
  3. "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (99-86422 (E)). 21 de xullo de 1999. Consultado o 20 de agosto de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ARGOS (P91-1)" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta 7920-8" (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2012.