Adonal Foyle

baloncestista estadounidense

Adonal David Foyle, nado o 9 de marzo de 1975 en Canouan, San Vicente, é un ex xogador profesional de baloncesto de San Vicente e as Granadinas que xogou para os Golden State Warriors, Orlando Magic e Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.

Adonal Foyle
Posición Pivote
Dorsal 31 (30)
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Nacemento 9 de marzo de 1975 (49 anos)
Canouan, San Vicente
Carreira
Universidade Colgate
NBA Draft 1997 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Golden State Warriors
Tempadas 19972010
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     2 989 (4,1 pp)
Rebotes     3 461 (4,7 pp)
Tapóns     1 193 (1,6 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Carreira editar

Universidade editar

Foyle asistiu á Universidade de Colgate, onde foi o máximo reboteador da historia da universidade e segundo máximo anotador. Abandonou a NCAA como máximo taponador de todos os tempos con 492, a pesar de xogar tres tempadas (Wojciech Myrda bateu a súa marca en 2002).

NBA editar

Foi seleccionado no Draft da NBA de 1997 na oitava posición por Golden State Warriors. Ao longo da súa carreira ha promediado 4.5 puntos e 1.9 tapóns por partido, finalizando entre o dez máximos taponadores por partido da tempada en tres ocasiones. En xullo de 2004, os Warriors renovaron a Foyle por seis anos a razón de 42 millóns de dólares. O contrato foi criticado polos afeccionados, considerando que era demasiado excesivo para un xogador que participaba ao redor de 20 minutos por partido, e que ofensivamente era moi limitado. Nas dúas últimas tempadas, Foyle perdeu o rol de titular a favor de tres xogadores diferentes, entre eles o mozo Andris Biedrins. Na campaña 2005-06, fixo 4,5 puntos, 5,5 rebotes e 1,6 tapóns en 23,7 minutos por noite, mentres cobraba 7 312 500 $. En agosto de 2007 ficha por Orlando Magic como axente libre. O 19 de febreiro de 2009 foi traspasado a Memphis Grizzlies, aínda que non tardaría en regresar a Florida, onde actualmente forma parte do cadro, mais está inactivo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar