Adolph Rickenbacker

Adolph Rickenbacher, tamén escrito como Rickenbacker (Suíza 1886 - 1976), foi o fundador da compañía fabricante de guitarras Rickenbacker.

Adolph Rickenbacker
Nacemento1 de abril de 1887
Lugar de nacementoBasilea
Falecemento21 de marzo de 1976
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causacancro
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónfabricante de instrumentos musicais e empresario
Na rede
WikiTree: Rickenbacher-47
editar datos en Wikidata ]

Naceu en Suíza en 1886, pero emigrou de mozo aos Estados Unidos e estableceuse nos Ánxeles pouco antes de 1920. Cambiou o seu apelido a Rickenbacker en parte debido aos sentimentos antialemáns existentes nos Estados Unidos despois da primeira guerra mundial, pero tamén para capitalizar a popularidade do seu curmán Eddie Rickenbacker, un famoso piloto estadounidense da guerra.

Fundou unha empresa que fabricaba corpos de metal para a National String Instrument Corporation a principios dos anos 20, e así foi como coñeceu a George Beauchamp e a Paul Barth, cos que fundaría a Ro-Pat-In Company en 1931. En 1932 eles fabricaron a primeira guitarra hawaiana coa caixa de aluminio (a famosa frying pan ou tixola) e en 1934 cambiáronlle o nome á empresa por Electro String Instrument Corporation, aínda que lle chamaron aos instrumentos Rickenbackers debido á fama do apelido grazas ao curmán de Adolph. Cando a produción rematou en 1939 a empresa fabricara unhas 2 700 guitarra frying pan.

Rickenbacker, aínda que nunca estivo convencido do potencial do negocio das guitarras, continuounas fabricando ata 1953, cando vendeu a compañía Rickenbacker ao empresario Francis Hall.

Adolph Rickenbacker morreu en 1976.