Adolfo Aldana

futbolista español

Adolfo Aldana Torres, nado en San Roque (Cádiz) o 5 de xaneiro de 1966, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Aínda que comezou como dianteiro foi evolucionando na súa demarcación para pasar a xogar na posición de mediocampista ó interior dereito, aínda que sempre con vocación ofensiva.

Adolfo Aldana
Información persoal
Nome Adolfo Aldana Torres
Nacemento 5 de xaneiro de 1966 (58 anos)
Lugar de nacemento San Roque
Altura 1,88 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1984–1985 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1988 Real Madrid B 67 (18)
1987–1992 Real Madrid 72 (12)
1992–1996 Deportivo da Coruña 96 (19)
1996–1998 Espanyol 10 (0)
1998–1999 CP Mérida 25 (2)
Selección nacional
1988 España sub-21 2 (0)
1993–1994 España 4 (1)
Adestrador
2007 Andalucía
Na rede
FIFA: 77885 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Formado nas canteiras xuvenís do Real Madrid CF, debutou co primeiro equipo o 2 de xaneiro de 1989 nun partido fronte ao FC Barcelona, no que resultou vencedor o equipo branco. Desde ese momento converteuse nun dos xogadores de banco máis utilizado, sendo o seu rendemento de gran nivel. Destacou non só polo seu gran rendemento senón polo seu gran parecido con Míchel, que naqueles momentos monopolizaba o carril dereito do equipo merengue. Colaborou activamente na consecución das ligas de 1989 e 1990 do equipo branco así como na Copa do Rei de 1989 e o subcampionato de 1990.

O seu bo rendemento e o seu bos xeitos fixeron que outros equipos fíxense nel, especialmente o Atlético Madrid do polémico Jesús Gil, no entanto Aldana quedou no Real Madrid ata 1992. Tras a fichaxe de Luis Enrique polo Real Madrid, as súas oportunidades no club branco decreceron; ademais o Real Madrid atravesaba graves problemas económicos que posibilitaron a súa saída. Con todo o seu destino, non foi un club grande, senón o modesto Deportivo da Coruña, que ascendera había só un par de anos. No Deportivo da Coruña presidido por Augusto César Lendoiro e dirixido por Arsenio Iglesias realizou unha gran tempada, que o levou á selección española da man de Javier Clemente, para substituír curiosamente a Míchel, e ao Depor a loitar polo título de liga.

A aliñación de 1992–93 do Dépor é a coñecida como "Súper Dépor" que foi aprendida por todos os bos afeccionados ao fútbol: Liaño, Albístegui, Nando, Ribera, Djukic, López Rekarte, Mauro Silva, Adolfo Aldana, Fran, Bebeto e Claudio Barragán.

Unha grave lesión mantívoo 14 meses afastado dos terreos de xogo, e non puido acudir ao mundial dos Estados Unidos. Non volveu xogar ata a tempada 94-95, na que seguiu contando co apoio dos técnicos e da afección, aínda que o seu rendemento nunca chegou a ser tan bo como o de antes. Na tempada 1995-96 deixou o Dépor para reforzar o RCD Espanyol clasificado para a copa da UEFA, con todo, xogou poucos partidos e decidiu retirarse dos terreos de xogo.

Como adestrador editar

Tras deixar o fútbol realizou os estudos que o converteron en adestrador nacional, ocupando na actualidade o cargo de seleccionador andaluz.[1]

Palmarés editar

  • Liga 1988-89, 1989-90 co Real Madrid.
  • Copa do Rei 1989 co Real Madrid.
  • Supercopa 1990 co Real Madrid.
  • Copa do Rei 1995 co Deportivo da Coruña.
  • Subcampionato de liga 1994 co Deportivo da Coruña
  • Supercopa 1995 co Deportivo da Coruña

Notas editar

  1. ""Adolfo Aldana, nuevo seleccionador andaluz"". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar