Karl Ernst Adolf Anderssen, nado en Wrocław o 6 de xullo de 1818 e finado na mesma vila o 13 de marzo de 1879, foi un xadrecista alemán.

Infotaula de personaAdolf Anderssen

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Karl Ernst Adolf Anderssen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1818 Editar o valor em Wikidata
Wrocław (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1879 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Wrocław (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaOsobowice Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia
Imperio Alemán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Breslau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista , escritor de non ficción , compositor de xadrez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xuño de 1851Partida Imortal de Anderssen (pt) Traducir
1851Torneio de xadrez de Londres de 1851 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Anderssen-244 Find a Grave: 96316270 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Anderssen viviu na súa cidade natal a maior parte da súa vida. Graduouse no instituto público de Breslau para posteriormente asistir á Universidade, onde estudou matemáticas e filosofía. Despois de se licenciar traballou como profesor de matemáticas. A relación de Anderssen co xadrez comezou aos nove anos, cando o seu pai lle aprendeu a xogar. Non foi un neno prodixio, a primeira vez que saíu á luz pública foi en 1842, cando publicou algúns problemas de xadrez, e sobre todo coas súas colaboracións na revista Schachzeitung (despois chamada Deutsche Schachzeitung).

Londres 1851 editar

En 1848 xogou unha partida co xogador profesional Daniel Harrwitz. Por mor disto foi convidado para ser o abandeirado do equipo de xadrez de Alemaña no primeiro trofeo mundial de xadrez que se ía celebrar en Londres. No torneo venceu a Lionel Kieseritzky, József Szén, Staunton e Marmaduke Wyvill, gañando o torneo.

Andersson gañou fama por dúas das súas partidas, nas que venceu pola combinación de notables sacrificios de pezas. Na primeira, xogada contra Lionel Kieseritzky e chamada Xogo inmortal, sacrificou un alfil, dúas torres e finalmente a raíña. Na segunda partida, xogada en Berlín en 1852 contra Jean Drusfesne, o sacrificio de pezas foi máis modesto, e denominouse Xogo Sempreverde.

Nos anos seguintes, moitos considerárono o xogador máis importante do mundo. En 1858 derrotouno o norteamericano Paul Morphy en París.

Londres 1862 editar

En 1862 regresou e gañou a primeira liga todos contra todos en Londres, gañou doce partidas e só perdeu fronte a John Owen. En 1866 xogou e perdeu con Wilhelm Steinitz. A partida introduciu algunhas ideas novas na estratexia do xadrez.

Baden-Baden 1870 editar

Case ao final da súa vida chegoulle o logro máis importante, ao vencer, en Baden-Baden en 1870, o torneo máis intenso xogado na época. El rematou de primeiro, diante de Steinitz, Neumann e Blacburne. En Leipzig 1877 quedou en segundo lugar, foi a súa última grande vitoria.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar