Non confundir con adherente

Un adhesivo[1] é un soporte de texto ou imaxes impresas ou serigrafadas sobre unha lámina de vinilo, papel ou tea, en cuxa parte posterior se dispuxo dunha fina capa de adherente. Esta lámina vai pegada sobre un papel siliconado ou transfer co fin de manter a capacidade de adhesión até o momento en que se decida fixar esta lámina sobre outra superficie de forma definitiva.

Adhesivo publicitario en plátanos.

Algúns adhesivos non necesitan a capa adherente, xa que se colocan sobre superficies moi lisas, como o cristal ou a cerámica, e a fixación realízase por efecto electrostático.

Utilízanse tamén como accesorio para decoración de interiores e exteriores, e como soporte publicitario.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adhesivo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar