Unha adenopatía ou linfadenopatía é un termo que se emprega en medicina para referirse a un trastorno inespecífico dos ganglios linfáticos. Na maioría dos casos, o termo úsase como sinónimo xeneralizado dunha tumefacción, aumento de volume ou inflamación dos ganglios linfáticos, acompañado ou non de febre. Cando o trastorno se debe a unha infección, fálase de adenite e cando a infección ocupa as canles linfáticas, úsase o termo de linfanxite.

Adenopatía
Clasificación e recursos externos
Adenopatía
DiseasesDB22225
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etioloxía editar

As principais causas dos ganglios inflamados son infecciosas ou por cancro.[1] A adenopatía é un signo de moitas doenzas, algunhas delas pouco frecuentes, a gran maioría de natureza benigna (preto do 1% tenden a ser por causas malignas).[2]

Notas editar

  1. Adenopatía, Enciclopedia Microsoft® Encarta® Online 2008. Consultado o 11 de xullo de 2008.
  2. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición. "Linfadenopatía". McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2021.