Adelaide Oval

Estadio en Adelaida, Australia

Coordenadas: 34°54′56″S 138°35′46″L / -34.915555555556, 138.59611111111

O Adelaide Oval é o principal estadio deportivo da cidade de Adelaida, en Australia. O seu terreo de xogo con forma oval serve para a práctica do crícket e do fútbol australiano, malia que tamén pode ser empregado para o fútbol ou o rugby. O recinto foi aberto en 1871 e despois da última reforma rematada en 2014 a capacidade das bancadas é de 53,583 localidades, o que fai do Adelaide Oval o cuarto estadio de Australia.

Adelaide Oval
Datos
LocalizaciónAustralia Adelaida, Australia
Construción
Inauguración1871
Renovación2010
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións167 x 124 m
Capacidade55 317 espectadores
Asist. máxima62 543 (2 de outubro de 1965)
Port Adelaide 80 - 77 Sturt
PropietarioGoberno de Australia Meridional
OperaradoraAdelaide Oval SMA Ltd
LocalíaAdelaide Strikers (crícket)
Adelaide Football Club (AFL)
Port Adelaide Football Club (AFL)
Eventos
Mundial de Rugby 2003

Neste estadio xogan os seus encontros como locais os Adelaide Strikers da liga australiana de crícket Twenty20, e dende 2014 tamén os equipos Adelaide Football Club e Port Adelaide Football Club da popular Australian Football League, que até entón tiñan ó Football Park (51,515 localidades) como fogar. Tamén acolle numerosos encontros internacionais das diversas seleccións nacionais de Australia, así como encontros ocasionais do Adelaide United da A-League de fútbol, e concertos de música. O propietario do recinto é o Goberno de Australia Meridional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar