Ada (orquídea)

xénero de plantas

Ada é un xénero de orquídeas que abrangue 16 especies, son principalmente epífitas mais tamén as hai litófitas, teñen o seu hábitat en América Central e do Sur entre Nicaragua no norte e Bolivia no sur, desenvolvéndose en bosques de montaña entre os 650 e os 2700 metros de altura. As súas follas son lanceoladas de ata 20 cm medrando a partir de pseudobulbos que chegan ata os 10 cm. De cores vivas empréganse para obter híbridos de cores rechamantes. A especie tipo é a ada aurantiaca.