Activo tóxico (ou en inglés toxic asset) é o denominación coa que os fondos de investimento adoitan designar determinados activos financeiros cuxo valor caeu de forma significativa e para os que xa non hai un mercado operativo, polo que non poden ser postos de novo á venda a un prezo satisfactorio. O termo comezou a utilizarse de xeito habitual durante a crise financeira de 2008, ou crise das hipotecas subprime, cando o valor das vivendas atopábase aumentado por mor da especulación económica durante a burbulla inmobiliaria.[1]

Cando o mercado de activos tóxicos deixa de estar operativo, denomínase «mercado conxelado». Os mercados dalgúns activos tóxicos conxeláronse en 2007 e o problema agravouse considerablemente durante a segunda metade do ano 2008. Isto debeuse a varios factores: o valor destes activos era moi sensible ás condicións económicas, e o aumento de incerteza financeira nesas condicións dificultou facer estimacións do valor deses activos. Os bancos e outras grandes institucións financeiras non estaban dispostos a vender os activos a prezos moi reducidos, porque isto os obrigaría a reducir os seus activos declarados, o que, en teoría, os convertería en insolventes.

Orixe editar

O termo tivo un uso limitado polo menos ata 2006. Angelo Mozilo, fundador de Countrywide Financial, podería ser unha das primeiras persoas quen empregou o termo «tóxico» para se referir a determinados produtos hipotecarios en correos electrónicos enviados durante a primavera de 2006, segundo revelaron informes da SEC:

«[A relación préstamo/valor dun 100% nun crédito subprime é] o produto máis perigoso que existe e non pode haber nada que sexa máis tóxico…»

Con respecto aos préstamos subprime 80/20 de Countrywide, Angelo Mozilo afirmou:

«Nunca vin un produto máis tóxico en todos os anos que levo no negocio. Non só está subordinado ao primeiro, é que o primeiro xa é subprime. Ademais, as puntuacións na escala FICO están por debaixo de 600, por debaixo de 500 e algunhas por debaixo de 400[.] Tendo en conta a baixada dos valores inmobiliarios […] o produto vai seguir empeorando.»

Notas editar

  1. Expansión (ed.). "Activo tóxico: definición.". Consultado o 21 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar