O adxectivo actinomorfo,[1] do grego ακτίσ, ακτινος aktís, aktînos, "raio (dunha roda)" e μορφή morphé, "forma", "aparencia", aplícase, en botánica, á planta ou a calquera das súas partes, especialmente ás flores, que teñen simetría radial.[2] Isto quere dicir que estes órganos teñen, polo menos, dous planos de simetría. Así, son actinormorfos os caules con follas opostas verticiladas, as flores chamadas tamén regulares etc. Son sinónimos de actinomorfo —ademais de radial— regular, polisimétrico e multilateral.[3] Oponse ao termo zigomorfo.

A flor da herba de San Roberto (Geranium robertianum) ten simetría radial ou actinomorfa.

Notas editar

  1. "actinomofo no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  2. Sociedad Española de Ciencias Forestales (2005): Diccionario Forestal. Mundi-Prensa.
  3. Font Quer, P. (1993).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Font Quer; P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.

Outros artigos editar