A actinomicose é unha enfermidade infecciosa causada por bacterias do xénero Actinomyces. A Actinomyces israelii é o principal axente nos seres humanos[1] e a Actinomyces bovis nos animais [2]. A enfermidade é de distribución mundial e afecta nunha porcentaxe maior aos homes cás mulleres[3], causa tumores que botan un líquido purulento. Adoita tratarse con penicilina. Enfermidade pouco frecuente entre os humanos afecta en especial ós bóvidos e ós equinos.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas editar

  1. George F. Brooks et. al. Jawetz, Melnick & Adelberg's Medical Microbiology. McGraw-Hill Professional, 24ª ed, 2007, páxina 220
  2. William Arthur Hagan et al. Hagan and Bruner's Microbiology and Infectious Diseases of Domestic Animals. Cornell University Press, 8ª ed, 1988, páxina 259
  3. Martin Dworkin et al. The Prokaryotes: Archaea. Bacteria: Firmicutes, Actinomycetes. Springer, 3ª ed, 2006, páxina 483

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.