Acis, personaxe mitolóxico grego, era un pastor siciliano, fillo de Fauno e da ninfa Simetis. Amado pola ninfa Galatea, matouno por celos o ciclope Polifemo ao lle botar unha rocha enriba. O sangue de Acis formou un regato pequecho debaixo da rocha que o matara: Galatea converteu o regato en río.
Ovidio dedicoulle un poema na súa obra Metamorfoses.

Acis tocando a frauta. Escultura de Jean-Baptiste Tuby nos Xardíns de Versalles.
Polifemo sorprendendo a Acis et Galatea, por Ottin (1866), París.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.