Acipenserinos
Acipenserinae

Rango fósil: triásico - actualidade [1]

Acipenser naccarii nun acuario
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Orde: Acipenseriformes
Familia: Acipenseridae
Subfamilia: Acipenserinae
Xéneros

A dos acipenserinos (Acipenserinae) é unha das dúas subfamilias en que se divide a familia dos acipenséridos, a que comprende máis especies da orde dos acipenseriformes.

Inclúe 19 especies recoñecidas repartidas en dous xéneros, Acipenser e Huso, que son os máis grandes peixes de auga doce: o exemplar máis grande coñecido até hoxe, foi un esturión beluga (Huso huso), que medía 8,5 m de longo, pesaba 13 kg e, con toda probabilidade, xa pasara o século de vida.

Esta subfamilia, cuxos representantes apareceron na Terra hai uns 200 millóns de anos, comprende formas migratorias do hemisferio norte, con moitas características especiais.

Descrición editar

O tronco, sen escamas, presenta cinco series lonxitudinais de escudos óseos (que nas distintas especies difiren en forma, tamaño e número), incluíndo, nalgunhas formas, pequenos gránulos así mesmo óseos. Nos xuvenís, os escudos están menos desenvolvidos e máis extensamente espazados, cunha forte carena que se prolonga nunha espiña.

A boca, rodeada por grandes labios, é protráctil, formando unha probóscide. Só nos exemplares moi novos das especies do xénero Acipenser cando aínda teñen o saco vitelino, a boca está armada de pequenos e débiles dentes; todos os adultos son desdentados. Na parte inferior do fociño están implantantadas catro barbelas, que difiren de especie a especie en forma e posición.

A aletas dorsal, anal e ventrais están implantadas moi posteriormente no corpo.

Xeralmente, o corpo ten unha coloración verde oliva, gris o apardazada polas partes superiores, e abrancazada ou amarelada na rexión ventral, por debaixo dos escudos dos flancos.

Taxonomía editar

Segundo o ITIS, a subfamilia comprende dous xéneros, cun total de 23 especies:[2]

 
Acipenser brevirostrum.
 
Acipenser fulvescens.
 
Acipenser oxyrinchus.
 
Acipenser sturio.
 
Huso huso.
Subfamilia Acipenserinae

Notas editar

  1. Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften
  2. Acipenserinae en ITIS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Birstein, V. J. & DeSalle, R. (1998): "Molecular phylogeny of Acipenserinae". Mol. Phylogenet. Evol. 9 (1):141-55. Resumo.
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar