Achatinella apexfulva

especie de molusco

Achatinella apexfulva

Debuxo da cuncha de Achatinella apexfulva.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Superfamilia: Achatinoidea
Familia: Achatinellidae
Xénero: Achatinella
Subxénero: Achatinella
Especie: A. apexfulva
Nome binomial
Achatinella apexfulva
(Dixon, 1789)[2]
Sinonimia

Achatinella apexfulva é unha especie extinta de caracol pulmonado e arborícola da familia Achatinellidae da orde dos Stylommatophora, que outrora viviu na illa de Oahu, en Hawai. A. apexfulva era a especie tipo do xénero Achatinella. O nome específico, "apexfulva", quere dicir "punta amarela", en referencia á punta amarela da cuncha do caracol.

Cunchas de Achatinella apexfulva.

Distribución editar

A especie era endémica das selvas da illa de Oahu no arquipélago hawaiano, nos Estados Unidos, mais está extinta en liberdade. En abril de 2011, confirmouse que a especie quedara reducida a un único exemplar en catividade.[3][4] A principal causa do esmorecemento da poboación foi a depredación doutro caracol da especie Euglandina rosea,[5] unha especie orixinaria de América Central que foi introducida en Hawai na década de 1950 para controlar as pragas agrícolas.[6] Foi a causa da extinción de polo menos 8 tipos de caracois en Hawai.[7]

En xaneiro de 2019, confirmouse a morte do derradeiro membro da especie, un exemplar de 14 anos chamado George.[6][8][9] Malia que en xaneiro de 2019 o status de conservación da IUCN aínda mantiña a consideración de en perigo crítico,[1] está considerado extinto.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Hadfield M. & Hadway L. (1996). "Achatinella apexfulva". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 1996: e.T168A13038669. doi:10.2305/IUCN.UK.1996.RLTS.T168A13038669.en. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  2. Pilsbry, Henry A. (1912–1914). Manual of Conchology, ed. "Historical Notes on the Literature" XXII. Consultado o 29 de febreiro de 2016. The first Achatinellid shells brought to Europe, so far as we know, were obtained by Captain George Dixon, who visited the Hawaiian Islands in 1786 and 1787. They were strung on a lei or necklace, which seems to have been made entirely of Achatinella apexfulva and A. decora. It appears that four specific names were based upon these specimens. 
  3. "Achatinella apexfulva". The Recently Extinct Plants and Animals Database. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  4. Thom van Dooren (2013) "The last snail: conservation and extinction in Hawai’i" 28 de febreiro de 2013. Consultado o 8 de xaneiro de 2016.
  5. Redacción (9 de xaneiro de 2019). GCiencia, ed. "Morre ‘O Solitario George’, o derradeiro caracol da súa especie". Consultado o 9 de xaneiro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "George, Reclusive Hawaiian Snail And Last Of His Kind, Dies At 14". NPR.org (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  7. Kurt Auffenberg & Lionel A. Stange (novembro de 2001). "Snail-eating snails of Florida, Gastropoda". University of Florida. EENY251. Consultado o 7 de outubro de 2012.
  8. Star-Advertiser staff Posted (4 de xaneiro de 2019). "Last known Hawaiian land snail of its kind dies". Honolulu Star-Advertiser (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  9. "World's loneliest snail dies, and a species goes extinct". 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar